NESTAS FESTAS : PÀNXOLIÑAS, TURRÓN E CURTAS NO NADAL NO C.C. SALNES.
Curtas no Nadal 07 é un proxecto da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, a través da Axencia Audiovisual Galega, coordinado e xestionado por Mr.Misto Films, que na súa segunda edición vai encher o noso Nadal de curtametraxes.
O programa de exhibición de curtametraxes Curtas no Nadal 07 pretende converterse no principal evento audiovisual do país. Un proxecto que vai levar unhas 50 curtas feitas en Galicia por todo o territorio, con presenza na totalidade de comarcas galegas, creando deste xeito un circuíto de cinema alternativo ao das salas comerciais que vai percorrer Galicia.
Curtas no Nadal 07 xorde tanto da necesidade de ofertar un cinema diferente ao que chega ás pantallas comerciais, como da posibilidade de difundir traballos de curta duración que, doutro xeito, non teñen espazo de difusión.
Todos os títulos exhibidos son de produción galega. A intención é achegar ao grande público a curtametraxe e dignificar o xénero.
Esta actividade baséase no desexo da Axencia Audiovisual da Consellería de Cultura e Deporte por vertebrar unha programación regular de curtas galegas en vilas e concellos que teñen dificultades de programación audiovisual.
Deste xeito toda a poboación que participe nesta rede, poderá desfrutar dunha programación audiovisual de calidade.
Na súa meirande parte son espazos hostaleiros e centros sociais e culturais, unha irradiación de proxeccións que irán a ocupar o baleiro que deixa a extinción do cinema comercial en vilas pequenas. Recobrar a costume de ir a ver películas en comunidade e, aínda por riba, cando máis apetece, co frío do inverno, isto poderase facer coas Curtas no Nadal. Deste xeito conséguese achegar ao grande público un formato diferente, a curtametraxe, que polo xeral non conta con espazos de difusión regular.
Curtas no Nadal 07 pretende dar saída á gran cantidade de traballos audiovisuais de curta duración que existen no país e que doutro xeito non chegarían ao público. Así a curtametraxe chega ao grande público e conséguese dignificar o xénero.
O programa Curtas no Nadal 07 está composto de xeito íntegro por curtas feitas en Galicia. Máis de 50 novos cineastas van ter a oportunidade de que os seus traballos se vexan ao longo de toda Galicia.
No Centro Comarcal do Salnés, as proxeccións arrincaran o venres 4 de xaneiro ás 18:00 h., cunha sesión destinadas a todos os públicos, e continuaran o sábado 5 de xaneiro ás 11:30 h. da mañan, cunha proxección especifica para os máis cativos do Salnés.
———————————————————–
IRIA RIBADOMAR AMOSANOS O SEU TRABALLO.
Iria Ribadomar ofrecenos o seu traballo consistente en interiorismo e murais en www.mundofotos.net/iriaribadomar , un traballo digno de admiración. Ademais tamén nos fai saber as derradeiras novidades en debuxos e pinturas na seguinte ligazón www.mundofotos.net/iru .