O MELLOR REGALO PARA UN CINÉFILO: “RODADO EN GALICIA” DE Miguel Anxo Fernández.
Miguel Anxo Fernández e un home polifacetico donde os haixa, entre outras facetas foi profesor de C.I.P. de Castrelo durante moitos anos, prologuista do noso libro "UNHA GRANDE CHEA 20 ANOS DE TROULA" e amigo noso.
- O volume recolle todas as rodaxes de ficción realizadas en Galicia dende o ano 1916 ata a actualidade
- É unha iniciativa da Secretaría Xeral de Comunicación a través do Consorcio Audiovisual de Galicia e o Foro Galego do Audiovisual, coeditores do mesmo
- O coordinador do volume, Miguel Anxo Fernández, destaca que se trata dunha iniciativa pioneira no Estado que demostra que hai “sensibilidade e posibilidades reais de entender o país como un plató de cine”
O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asegurou na presentación do volume Rodado en Galicia, que este proxecto “único no Estado”, contribuirá a afianzar a nosa comunidade como plató de cine ao tempo que consegue a proxección internacional do sector cinematográfico galego.
Rodado en Galicia é un histórico de máis de 170 rodaxes de ficción, concretamente 174, en formato longametraxe filmadas na xeografía galega, integra ou parcialmente, entre o ano 1916, con Miss Ledya de José Gil, ata a actualidade, con Los Girasoles Ciegos, filme que José Luis Cuerda vén de rodar na nosa comunidade.
Rodado en Galicia é un volume gran formato de 625 páxinas sen precedentes no contexto cinematográfico español. Fernando Salgado destacou na súa intervención o feito de que este libro se atopa en permanente reciclaxe. Así, referiuse ás novidades e ampliación no contido, con respecto á edición anterior. Trátase, incidiu, “dunha obra nova, con continuidade, que medra por diante e por detrás”.
Miguel Anxo Fernández destacou que o libro se acompaña dun dvd no que se inclúe a listaxe das películas coa ficha ténica, artística, a sinópse e os lugares de rodaxe das películas.
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV, presenta:
"LO DUDO"
Seguindo cos vídeo clips das nosas cancións, desta vez tócalle o "Lo dudo" unha versión de UNHA GRANDE CHEA de afamada cancións de "LOS PANCHOS", creemos que un bo agasallo de Nadal. Pedimos perdón humildemente a "Los Panchos" por estropearlle a canción: