A GAITA GALEGA NOVAMENTE A ESCENA.

Presentación
Método de Gaita Galega
Volumes I e II

unhagrandechea cambados xaquin xesteira

Día: Mércores 26 de decembro de 2007
Lugar: Cambados Auditorio A Xuventude (rúa San Francisco, perto da igrexa Parroquial)
 
Hora: 20:30 h.
 
Participarán:
 
Xaquín Xesteira Losada, autor
Cándido Meixide Figueiras, editor
 
O autor ofrecerá un pequeno concerto ao remate do acto.
 

O Método de Gaita Galega I e II tentará ser a guía completa para coñecer os recursos necesarios que o alumno precise para a interpretación dunha melodía de gaita galega. Ten a pretensión de facilitar o camiño ás persoas que queren achegarse a este mundo.

O Método de Gaita Galega I (140 páx.) está composto por:

§       23 melodías: 18 tradicionais e 5 de autor

§       67 exercicios de ornamentación

§       43 exercicios de posicións incluídos o vibrato e tempero

§       8 preludios

§       18 exercicios de técnica

§       93 fotografías

§       CD composto por: 6 exemplos, 8 preludios, 55 exercicios e 23 melodías interpretadas sen percusión, só co metrónomo.

O Método de Gaita Galega II (240 páx.) está composto por:

§       35 melodías: 26 tradicionais e 9 de autor

§       70 exercicios de ornamentación

§       159 exercicios de posicións

§       36 exercicios de técnica

§       111 fotografías

§       CD composto por: 3 exemplos, 35 melodías interpretadas con percusión e 36 exercicios

O traballo divídese en tres grandes bloques dentro de cada tomo:

 

1.    Nocións fundamentais de linguaxe musical para gaita, onde atopamos a teoría necesaria para a comprensión das partituras, notas e posicións que se van traballar no método.

2.    A gaita, atoparemos aquí o necesario para conseguir unha correcta afinación e preparación do instrumento coas indicacións e opcións posibles para lograr esta finalidade.

3.    O método, que realizará un percorrido polas posicións das notas naturais e alteradas, toque pechado, que se irá combinando co toque aberto, ornamentación, exercicios específicos para a ornamentación, exercicios de técnica e melodías, pasando polos diferentes ritmos da música tradicional e traballando cada un dos apartados novos que aparezan.

O gaiteiro ten como finalidade comunicar o que sinte a través dos seus dedos ao público que o está a escoitar, e debe realmente ser capaz de transmitir estas sensacións que flúen do seu interior. Para iso é necesario coñecer os recursos que temos na nosa gaita, xa que é un instrumento con moitas posibilidades con respecto á súa expresión, aínda que un pouco máis limitado na súa extensión.

Esperamos que este Método de Gaita Galega sirva para adquirir, aumentar ou enriquecer os coñecementos aos que se inician neste instrumento, e que tamén axude a resolver dúbidas a aquelas persoas que xa están dentro da música tradicional.

En definitiva, que este tipo de traballos sirva para que a nosa música estea no lugar que lle corresponda.

 
  PUPURRI DE XAQUIN XESTEIRA

  

—————————————–

UNHA GRANDE CHEA NO COLEXIO PÚBLICO DE SANTO TOMÉ

P1000748  P1000751

P1000757  P1000765

Hoxe tivemos unha actuación moi especial, unha actuación desas que nos fai moita ilusión, unha actuación perante un publico novo pero moi esixente, a ocasión pagaba a pena , era nin máis nin menos que homenaxear o himno galego con rapaces de seis, sete, oito, nove e dez anos do Colexio Público de Santo Tome. Cando Xaquín Xesteira comezou coas notas do himno galego, fíxose un emotivo silencio, pese o intranquilo auditorio, e alí empezaron todos a cantar o noso himno, un precioso homenaxe. Moitas grazas a Apa do Colexio por chamarnos para actuar  para nos foron uns intres inesquencibles.

—————————————–

UN FOTOLOG CAMBADÉS PUBLICA TODOS OS ESPIDOS DO CALENDARIO

http://www.fotolog.com/vjatceslav/16421925

 

¡¡¡E NO PECHAN!!!

 

nuevo-2

É evidente que malas persoas hainas en todos os lados. Por que dicimos isto, pois porque atopamos un fotolog cambades con todos os espidos do calendario a prol de Esperanza Salnés e non está pechado, pola sinxela razón de que ninguén o denuncio. Pero si hai "alguén" que se dedica a a denunciar unha serie de blogs porque parece que estorban e non o dicimos polo noso sómente, senón que pecharon catro ou cinco máis de coñecidos xoves cambadeses. Parece ser que a envexa segue a ser deporte nacional.

—————————————–

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s