XA TEMOS NOVO FOTOLOG http://www.fotolog.com/unhagrandechea1
Ben despois de pecharnos "os americanos" de fotolog o anterior, xa temos novo fotolog : http://www.fotolog.com/unhagrandechea1 , e non podiamos empezar doutro xeito que pedindo perdón e rezar un "Noso Pai" un tanto especial como penitencia, esperemos que os puritanos americanos non no lo volvan a pechar, coidaremos moi moito non poñer espidos non vaia a ser que novamente algún "amigo" noso nos vaia a denunciar outra vez. Grazas a todos pola soliedaridade amosada, e esperemos que nos engadades como amigos o voso fotolog. Grazas.
—————————————–
UNHA GRANDE CHEA COA NOSA SELECCIÓN
Por terceiro ano consecutivo UNHA GRANDE CHEA, coa nosa selección. Este ano en Vigo, onde esperamos que os afeccionados galegos enchan Balaidos. As entradas xas temos reservadas como Asociación e están xa todas vendidas o que aínda si temos praza e para o autobús, ou sexa que os que queiran desprazarse Vigo no autobús que vai por esta asociación non ten máis que enviarnos un correo ou chamarnos por telefono. O autobús ten un capacidade de 55 prazas e xa está ocupado máis do 80% do mesmo. Aínda non sabemos exactamente a hora da saída, si sabemos o lugar que será a Estación de Autobuses de Cambados. Este ano como novidade estrease a Selección Galega Feminina. Toda novidade que houber sobre da viaxe será comunicada neste páxina.
—————————————–
MINI CALENDARIO DE UNHA GRANDE CHEA
Evindetemente co permiso de Eduardo Apariz ( www.cambadosenfotos.net) e da fenomenal organización do calendario a prol de Esperanza Salnés, xa practicamente están todos vendidos, nos imos facer o noso propio calendario de peto, co que imos agasallar os nosos incondicionais o vindeiro día de nadal cando como sempre o noso grupo de gaitas dea un pasarúas e tocará en diversos establecementos hosteleiros da vila.
—————————————–
CHOURIZO FILMS, OUTRA VEZ DE ESTRENO…
A xa famosa e coñecida produtora "CHOURIZO FILMS",a cal vai camiño de bater toda clase de "records" en you tube co seu film "No volveré" con máis de 38.000 visións, invítanos novamente a unha estrea esta vez de luxo, nin máis nin menos que no Auditorio da Xuventude. Previamente a curta a estrear exhibiríanse outras dúas "Un home de éxito" e "To die in Tragove 1", rematando as exhibicións coa gran estrea da noite "TO DIE IN TRAGOVE II". O día da estrea será o 28 de Decembro ás 22 horas e como xa dixemos no Auditorio. Coma sempre o Pub A Leria será o escenario dunha festa onde de seguro se celebrará un novo éxito de CHOURIZO FILMS. A curta non é apta para menores de 14 anos e coidamos que por primeira vez farase carteleira da estrea. Seguiremos informando para a semana da estrea.
—————————————–
ACTIVIDADES NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
EXHIBICIÓN DO FILMN "O PARTIDO"
O ACTOR PRINCIPAL É O CHALEQUEIRO DE UNHA GRANDE CHEA "CARLOS BLANCO"
Con motivo do partido da Selección Galega masculina de futbol, o proximo xoves 27 de decembro contra a Selección de Camerún e a estrea da selección galega femenina de futbol contra a selección de Catalunya, o Centro Comarcal do Salnés proxectará dentro do ciclo Cinemas Dixitais, o telefilme "O Partido" o sábado 22 ás 17:30 h.
Sinopse:
Cando un grupo americano compra a factoría na que Alfonso traballa, o novo consello de administración impón "modernos" métodos. A tensión medra cos primeiros despidos e Alfonso gáñalle xenreira a Borja, un dos directivos. Para calmar os ánimos convócase un "partido de confraternización" ao máis puro estilo ianqui. Mais os costumes americanos son distintos dos galegos, e o fútbol non é coma o béisbol… Esta comedia contou coa participación de xogadores do Deportivo como Munitis ou Manuel Pablo.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
Premio ao mellor telefilme nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007). Nos mesmos galardóns Antonio Durán "Morris" foi premiado como mellor actor secundario por este filme. Premio ao mellor telefilme nos X Premios ATV da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión de España no 2007.
Neste enlace podes ver un “trailer do film: http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=2237
A Entrada é de balde ata completa aforo.

UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
Primeiramente presentados un curto rodado en Cambados titulado "Detrás del Maíz" no ano 2003 con guión e dirección de Nicolás Pacheco, no que o director de fotografía e cámara e o cambadés Manolo Paz, e sendo os principais protagonistas Malena Sineiro, Belen Ponce de León, Eva Maneiros, David Fernández e Alber Boira.
"DETRÁS DEL MAÍZ" Parte I
"DETRÁS DEL MAÍZ" Parte II
Por último presentamos un vídeo realizado por Eduardo Apariz e que tamén podedes ver en www.cambadosenfotos.net sobre o calendario a prol de Esperanza Salnés.
—————————————–
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: |
http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita |