DEPORTES
FÚTBOL
CAMBADOS 2 – BORA 0
Duas imaxes do encontro e o debutante "Augusto" (Fotos: Unha Grande Chea)
O Cambados chegoulle só a primeira parte para derrotar o Bora, en dúas xogadas a balón parado , concretamente dous saques do curruncho e ademais seguidos Edu e Rober, sentenciaron un partido que non tivo moita historia. Sobrou toda a segunda parte. Grazas a que tropezaron Marín e Nigrán estamos a cinco puntos do líder o Marín e a tres do segundo o Nigrán. A vindeira semana temos un partido decisivo, hai que puntuar en Arbo como sexa. Destacar o debut dun novo xogador no Cambados Augusto, o cal lle desexamos moita sorte.
UNHA GRANDE CHEA TV ESTIVO NO ENCONTRO E FIXO A SEGUINTE REPORTAXE:
———————————————————————————————————-
BEIRAMAR 1 – CAMBADOS B 3
Equipo que saeu de inicio contra do Beiramar: Gogo, Fergu, Chon, Pepe, Chopi e Domi.Agachados: Fari, Pablo, Iago, Beni e Gaby.
Os golfiños sofriron nun partido que previamente parecía doado , complicándose na primeira parte o marcar o Beiramar. Despois da arenga de Mara no vestiario os nosos saíron con outros folgos e superaron o Beiramar en todos os sentidos, un golazo de volea de Fari empatou o encontro, logo foi coser e cantar, a destacar a labor do xuvenil Isma que fixo un gran encontro no tempo no que estivo no campo. Estamos na terceira praza a a catro puntos do líder San Miguel, que non fallou e a tres do segundo clasificado o Bamio que goleou a todo o equipo revelación da categoría o Drakkar. O vindeira xornada, concretamente o domingo, temos no Pombal un partido que de principio prevese doado, pero como sabemos todos na confianza está o erro e hai que saír a gañar, son dos partidos que non se poden perder. O vindeiro venres tivo lugar a cea de nadal do Cambados B, estivo moi animada e tamén podedes ver fotos na reportaxe de U.G.CH. TV.
UNHA GRANDE CHEA TV ESTIVO NO ENCONTRO E FIXO A SEGUINTE REPORTAXE (Inclué fotos da cea):
Aconsellamos que lle botedes unha ollada as seguintes paxinas do Xil e do San Miguel: http://deportivoxil.esp.st/