Manolo Paz naceu en 1957 en Castrelo, Cambados, vila esta última na que vive actualmente. No seu taller, en Quintáns, Cambados, nun amplo prado xunto ao mar, algunhas das súas pezas máis fermosas dialogan en silencio coa natureza. Nado e criado nunha "casa de traballo" galega, na que a súa familia atendía negocios de carnicería e do campo, Paz comezou de neno a facer tallas de madeira coa súa navalla. Estudou na Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" de Santiago de Compostela. É profesor de escultura na "Escola de Canteiros" de Poio (Pontevedra). Como material utiliza os distintos tipos de granito galego, ao que atribúe un carácter sacro e ritual, que traballa coa antiga técnica dos "canteiros" galegos.
O seu traballo coas pedras é enteiramente persoal: manual, corporal, e por iso, mental. O martelo e o cicel estruturan unha orde que, xunto cos diversos graos de pulimento e a aceptación da súa estrutura en bruto, natural, fan brotar a forma na pedra. A metáfora da pedra como alimento é central no universo estético de Manolo Paz, para quen as grandes moles de granito, de máis de cento vinte toneladas de peso, son "barras de pan" difíciles de atopar. Ás que hai que romper para darlles vida.
Desde esta semana expón na galería SCQ de Santiago de Compostela unha mostra dos seus formatos grandes máis recentes, complementada cunha colección de pezas máis pequenas., esta exposición Manolo defínea "é o resultado dun proceso de maduración que ten relación con ir entendendo o que piden as pedras". A este exposición foi invitado de excepción o presidente de Unha Grande Chea, Fico e a súa muller Irene.
Logo de definir poéticamente a Manolo e a súa obra , diremos que aparte de ser un artista de fama mundial , Manolo é sinxelo, adorable, amigo dos seus amigos, falando con el ris aínda que non queiras, ás veces os seus pensamento filosóficos raian o absurdo, pero como dicimos en Cambados "e como un cacho de pan". Manolo foi un dos que puxo a semente para a creación de Unha Grande Chea e foi un dos primores en facer o Enterro da Sardiña en Cambados, é unha persoa que lle encanta o Entroido e disfruta bebendo albariño. É simplemente xenial.
————————————————————
¡¡¡ACÁBANSE!!!
Foto: A Voz de Galiza
Infórmanos o Servizo de Ventas da Comisión Organizadora “Tende unha Man”, que a venta dos calendarios a prol de Esperanza Salnés, non pasara desta ponte da constitución , probablemente. A estas horas hai sobre 150 calendarios en stock, despois da primeira reposición polos puntos de venda, aínda que se descoñece como van as mesmas en Arousa e no Grove onde tan só o primeiro dia vendéronse 40 calendarios. Calculan os organizadores que estarán vendidos xa máis de 1300 calendarios, dos 2000 que se tiraron en principio. Estase a facer polo comisión un novo estudio de mercado para prover unha nova tirada. Esta fin de semana haberá novamente revisión dos puntos de venta, os teléfonos non paran de sonar e isto é moi bo, e iso que aínda queda o Nadal, e que mellor agasallo que un calendario.
————————————————————
OS GAITEIROS PRESENTES NA CEA ANIVERSARIO DO BNG
Gaiteiros da talla de Xaquin Xesteira, Nando Casal , Magoia Bodega , Paulo Nogueira , e Moncho o Chilro, estiveron presentes.
Tamén estivo presente o noso Secretario Chon a quen podemos ver na foto con Moncho "O Chilro", Xaquin Xesteira e Paulo Nogueira, e a sua dona Teresa na foto con Magoia Bodega, Carrión e Esther.
O pasado venres un de decembro tivo lugar nas Adegas Martín Codax de Vilariño-Cambados, a cea organizada polo Comité Comarcal do BNG do Salnés, coa intervención de Suarez Canal e Olaia Fernández en conmemoración do 25º aniversario da fundación da fronte nacionalista, cea a que asistiron a titulo particular o vicepresidente de Unha Grande Chea Ulloa e o Secretario da Asociación Chon, que estivo acompañado moi ben durante a cea, escorado polos dous mellores gaiteiros de Galiza Paulo Nogueira e Xaquín Xesteira. Só nos falta ir a unha cea do PP, a ver se nos invitan. Tamén se atopaba pola cea Nando Casal gaiteiro de Milladoiro, e claro o remate da cea con todos estes artistas era raro non oír gaitas , Unha Grande Chea Tv tomou estas imaxes:
————————————————————
"O BUFÓN E A INFANTA"
Juan Galiñanes (Foto: A Voz de Galiza)
O noso futuro gañador do Goia a mellor curtametraxe de animación por "O Bufón e a Infanta" , o noso paisano Juan Galiñanes, esta a facer promoción da súa película, e o noso amigo e colaborador Angel Cambados, fíxonos chegar o vídeo de promoción da mesma, e como non podía ser doutro xeito aquí volo presentamos. Toda a sorte do mundo para Juan.
————————————————————
ACTIVIDADES DO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS
O Centro Comarcal do Salnés acollese a unha nova actividade da Axencia Audiovisual Galega: "REDestreas".
"REDestreas" é un servizo de apoio ás estreas de curtametraxes, documentais ou longametraxes sen distribución comercial. Esta rede de espazos permitirá que un filme destas tipoloxías se presenten nalgúns dos núcleos urbanos máis importantes de Galicia coa repercusión que iso significa.
O servizo de REDestreas ven a cubrir unha demanda dos creadores e produtores dos proxectos audiovisuais galegos que non tiñan un lugar axeitado para a súa primeira presentación ante os espectadores.
Anxel Fole
O Centro Comarcal do Salnés, dentro do ciclo de Cinemas Dixitais, emitirá este sábado O Tesouro (de Ánxel Fole) ás 17:30 h.
O Tesouro (de Ánxel Fole) é a adaptación do relato de Ánxel Fole do mesmo título.
Argumento: Partindo do escenario onde son contados os relatos, a carón dunha lareira ou chemenea nunha noite do inverno, Anxel Fole, exemplo do costumismo galego, presenta nos seus contos un retrato da historia da Galicia labrega. Os elementos fantásticos pertencen ao mundo irreal e descoñecido. Visións ou
soños onde aparecen estrañas personaxes tendo como elemento común a búsqueda do tesouro e a forma violenta de tratala morte como no caso presente, no que os ciumes levan á morte ao amante e anos despois ao seu descendente no mesmo lugar.
A entrada é de balde, ata completa aforo.
————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV FAISE ECO DUN VIDEO CLIP DE "TINO BAZ"
Tino Baz (Foto: O quiquiriquí)
Tino Baz é un gaiteiro, gutarrista, narrador pero sobre todo cantareiro que chega dende A Guarda. O seu chorro de voz, grave, importante se cadra incluso épica é unha das mellores do país.
A súa traxectoria musical colócao como peza fundamental do Orfeón de Treixadura, colaborador do grupo Quempallou ou parte da gravación do disco de panxoliñas “O quiquiriquí” con xente como Guadi Galego, Ugía Pedreira, Mini ou Mero.
Tamén é artífice dos seus propios traballos como “Cinsa namorada” na que Tino vén coller o relevo dos cantautores galegos deixando o listón moi alto. Tino estivo fai poucos dias en Cambados na homenaxe de Isaac Diaz Pardo na compaña de Paulo Nogueira e Magota Bodega.
UNHA GRAN DE CHEA TV faise eco do seu Videoclip, extraído de su primer trabajo discográfico en solitario, "Cinsa namorada”, paga a pena velo e escoitalo.
————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |