DEPORTES 28/11/07

DEPORTES
FUTBOL
CAMBADOS 1 – XUVENIL 0
unhagrandechea cambados melo
Carmelo , autor do gol (Foto Unha Grande Chea)
 
     Os partidos que "a priori" se preven fáciles logo complicanse e iso foi o que lle pasou o noso Cambados o domingo en Burgans, un pouco de exceso de confianza, doutra banda o balón non entraba, os minutos pasaban e o nerviosismo ia cundindo nos nosos xogadores, ata que apareceu Carmelo e sacaounos do apuro con tres novos puntos na clasificación na que estamos de cuartos a catro puntos do primeiro Marin e a dous puntos do segundo o Nigrán. Decir tamén en descargo dos nosos que o Xuvenil estase a reforzar dunha maneira significante. O vindeiro domingo desprazamonos a disputar un partido vital co segundo clasificado o Nigrán, xa que se se perdemos poñemonos a cinco puntos do mesmo en troques se gañamos pasamolle por enriba. Sorte os nosos xogadores.
 

unhagrandechea cambados guau

—————————————————————————————
UMIA 1 – CAMBADOS B 1
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS UMIA 3
Formación do Cambados B, o pasado domingo fronte o Umia (Foto: Unha Grande Chea)
 
O pasado domingo os golfiños do Cambados fixeron un gran partido en Barrantes, todo loita e bravura, o Umia só puido empatar no tempo de desconto. Teñamos e mel nos beizos e o remate quitáronnolo da boca. Pero loitouse dende o primeiro intre do encontro ata un final, onde un dos poucos despistes defensivos que tivemos custounos o empate.Pese a todo estamos aí no cuarto posto da clasificación a catro puntos do primeiro o San Miguel.
 
E A VINDEIRA XORNADA O "GRAN DERBY"
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS B UMIA (1)   UNHAGRANDECHEA CAMBADOS B UMIA (2)
Cartel do partido do vindeiro domingo, e o lado unha alineación do Salnés do ano pasado, nela podemos ver ata xeis xogadores do Cambados B , Varela, Iago. Chon, Manuel, Beni Vilas e Fari. (Fotos Unha Grande Chea)
 
 
O vindeiro domingo as 16.30 no Campo do Pombal a gran cita , o partido da máxima rivalidade, loita fratricida  entre o Salnés e o Cambados B. De seguro que haberá un gran ambiente e será unha festa do fútbol cambadés. ¿E ti vas a perdelo?
unhagrandechea cambados climax
—————————————————————————————
 XADREZ
100_2118
 
                                 MIGUEL PALACIOS MELLOR TERCEIRO  TABOLEIRO DE GALICIA
O cambadés Miguel Palacios proclamouse mellor terceiro taboleiro de Galicia, categoría infantil, no VIN Aberto Escolar Peón de Ouro de xadrez celebrado en Mondariz o pasado fin de semana.
O torneo consistiu nunha competición por equipos, compostos de tres xogadores cada un, e dá lugar a dúas clasificacións distintas: unha xeneral por equipos, na que Miguel alcanzou o terceiro posto como compoñente o Club Deportivo Universitario de Santiago, por detrás do Lucena de Vigo e do Xadrez Ourense.
 

100_2091 100_2092 100_2093
100_2120 100_2125 100_2126
Outra clasificación é individual, por taboleiros. Palacios xogou de terceiro taboleiro, completando un torneo no que sumou seis puntos sobre sete partidas, o que lle situou empatado coa viguesa Mariña Aguirre. Para desfacer o empate disputouse un mach entre Mariña e Miguel ao mellor de tres partidas rápidas (sete minutos por xogador). Na primeiro partida, Miguel, con negras, alcanzou a vitoria ao forzar a caída de bandeira no reloxo de Mariña. Na segunda, Palacios, con brancas, conseguiu vencer máis facilmente á viguesa e así proclamarse por primeira vez mellor terceiro taboleiro infantil de Galicia. O seu compañeiro de equipo no CDU, o santiagués Anxo Carreira tamén se alzou como mellor primeiro taboleiro, sendo o vigués Rubén Alonso, do Lucena o vencedor no segundo taboleiro.
Ao torneo de Mondariz acudiron equipos de toda Galicia, así como un conxunto portugués, da localidade de Leiría.
O próximo compromiso do cambadés sitúase no campionato zonal de Pontevedra Norte, a disputar o próximo mes de decembro en Vilagarcía.
O fin de semana resultou redondo para Miguel, xa que mentres el conseguía a súa mellor clasificación no Peón de Ouro, os seus compañeiros do equipos de fútbol Infantil A de o Mocidade de Cambados vencían en Vilagarcía ao Arousa por un gol a tres, o que lles mantén á fronte da clasificación do campionato de segunda categoría provincial, contando todas as súas actuacións por triunfos. Agora os pupilos de Fernando tan só teñen ao Unión do Grove como rival máis perigoso.
                                                                Texto e fotos: M.A.P.P.
 
ZAo
 
—————————————————————-
NOTA INFORMATIVA DO CLUB DE TENIS DE CAMBADOS http://clubdeteniscambados.blogspot.com/
 
UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TENIA CAMBADOS

O Club de Tenis de Cambados, con poucos meses de traxectoria, organiza agora a súa PRIMEIRA ASEMBLEA ORDINARIA. Terá lugar no salón de Plenos do Centro Comarcal do Salnes (Exposalnés) o sábado 1 de Decembro as 5:30 horas do serán. Os puntos fixados para tratar na orde do día serán

-Presentación da directiva

-Estado actual da Tesorería, Subvencións (Concello, Deputación…)

-Aprobación das cuotas anuais de socios, vantaxes nas actividades, clases, etc…

-Alta do clube da RFET (Real Federación Española de Tenis)

-Actividades 2008 (Liga de Inverno, Capionato Galego de Interclubs, Torneo Albariño, Torneo 24 horas,etc…)

-Solicitude da utilización das instalacións municipais do Pombal.

-Propostas, Rogos e Preguntas .

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TENIA CAMBADOS (1) UNHAGRANDECHEA CAMBADOS TENIA CAMBADOS (2)

Como se pode apreciar, un grande número de temas e de grande importancia, polo cal se roga a todos os cambadeses interesados en participar deste proxecto que acudan ao lugar na data e hora indicados para involucrarse e apoiar o deporte de base.

Lembramos que o Club de Tenis de Cambados nace grazas á inciativa dun grupo de xogadores que participan na Escola Municipal. Como Club xa oficial, organizan até o momento o Torneo 24 Horas de Tenis celebrado no Pombal o 29 deste pasado Setembro.

fersuman1

—————————————————————————————

BALONCESTO 

XUVEN 89 – C.B. CELTAS B.F.L. 71

unhagrandechea cambados xuven (1)  unhagrandechea cambados xuven (17)

 Cómoda vitoria do Xuven perante un dos equipos punteiros da categoría, os amarelos víronse sobrados perante un Foz que puxo vontade e pouco máis. Con esta vitoria os cambadeses seguen no segundo posto da clasificación a tan só unha vitoria do líder o Pabillón de Ourense. Na vindeira xornada o Xuven desprazase a Vilalva para enfrontarse o titular da localidade. Claro favorito son os nosos mozos, pero nunca se pode confiar un.

UNHAGRANDECHEA ESTABLECIMIENTOS OTERO

—————————————————————————————

TENIS DE MESA 

Jacobo En[1]..              Karol Hasek

Jacobo e Karol en acción

Xornada de descanso para o líder de 1ª división nacional, e nova exibición do Grupo Barros en 2ª, que venceu novamente por un rotundo 4-0 o A.C. Ordenes, equipo que ata esta xornada estaba empatado a victorias co cadro cambadés. Despois de gañar este partido, e xa van 5 consecutivos (catro por 4-0), os Ñajo, Fer e Toni están a unha victoria do 2º clasificado con moita liga por recorrer.
E si o equipo de 2ª vai ben, de intratable poderíase falar do estado de forma dos xogadores do Caixanova, que voltaron a acadar unha dobre victoria ante os sempre incómodos equipos de Vincios destacándose inda máis coma líders da competición.
No outro lado da moeda atópase o Xoiería Enrique, qe seguen colistas da categoría despóis da dobre derrota ante os equipos de Vincios.
Tamén derrota do Montebalsa de 2ª galega a mans do Lalin "B" por 4-0 que entraba dentro previsible.
Axustada derrota do Astegal por 4-3 en Cangas, e derrota por 4-1 do Insurcapi a máns do Lalin "C".
No canto do Rábade TM, rematou a 1ª volta co casilleiro de derrotas inmaculado despóis da victoria por 4-1 ante o San Isidro, 3º na clasificación.
 

Fotos e Texto: Quique Barreiro Martinez.

 

movese

—————————————————————————————

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s