Por fin xa sabemos definitivamente o día e hora do Secredo mellor gardado dos últimos tempos en Cambados: os espidos do calendario Pro Esperanza Salnés. Despois de meses de traballo tanto de Rubi, Perto, Alex e sobre todo do fotografo Eduardo Apariz, por vin o vindeiro sábados van saír a luz, a cita será no Auditorio de Cambados as 20 horas, todos os cambadeses, e repetimos ¡¡¡TODOS!!! ese día máis que nunca temos que encher o Auditorio, porque que mellor causa que recadar fondos para nenos deficientes. Cambados o sábado ten que dar a talla. O prezo do calendario será de DEZ euros.
Invitacións tanto para acudir o acto como para ir o catering de Discoteca Zao, que fixeron chegar os organizadores a Unha Grande Chea.
Valerón, Pereiro, Karpin e Eugenio Giraldez.
O acto están invitades entre outras personalidades da cultura e do deporte, Valerón , xogador do Deportivo, Oscar Pereiro gañador do Tour de Francia, Karpin ex-xogador de futbol de primeira División ou o presentador de Localia e de Radio Pontevedra Eugenio Giraldez , que probablmente será quen conduza o acto, ainda que estas alturas non todos confirmaran a súa presencia. Tamén estárá presente o presidente de Esperanza Salnés: Augusto Chaves, e autoridades politicas do noso concello. Os organizadores pregan puntualidade xa que se prevee un cheo abosluto. No escenerario iranse vendo unha a unha as fotos do calendario así como un video de cada grupo confeccionado polo cineasta cambés Rodesio, director e alma mater de "Chourizo Films". Para nos, UNHA GRANDE CHEA, foi un pracer posar desnudos para os rapaces de Esperanza Salnés. Para máis información sobre o evento podedes chamar os telefonos dos organizadores Rubi (649544969) e Perto (647583858).
—————————————————————-
ISAAC DIAZ PARDO FOI DEBIDAMENTE HOMENAXEADO POLOS LIBREIROS CAMBADESES E UNHA GRANDE CHEA ESTIVO ALI.
De esquerda a dereita, a Concellala de Cultura de Cambados Anabel Carro, Moncho Argibay, Isaac Diaz Pardo, a súa dona e Antón Mascato. (Foto UNHA GRANDE CHEA)
Outro novo éxito de organización a cargo da Asociación dos Libreiros de Cambados, desta vez homenaxeábase o polifacético Isaac Diaz Pardo. Despois dun percorrido no tren turístico de Cambados a comitiva chegou o Auditorio da Xuventude con puntualidade, na entrada foron recibidos o Presidente dos Libreiros Moncho Argibay, Isaac Diaz Pardo e señora o seu amigo Antón Mascato, pola concellala de cultura do concello de Cambados a Sra. Carro. De seguido abriron o acto Paula Nogueira e Magoia Bodega coa interpretación dun peza musical, seguidamente nun breve pero conciso discurso Moncho Argibay glosou a figura do homenaxeado o mesmo tempo que lle daba a benvida a Cambados. Seguidamente tomo a palabra Antón Mascato concelleiro do Concello de O Grove, membro da Asociación da Memoria Histórica do Grove e amigo persoal de Isaac Diaz Pardo, quen dou un repaso pormenorizado a vida do seu amigo sen esquecerse de citar o asasinato do seu pai a mans dos fascistas, un discurso cheo de emoción que se fixo curto.
Na foto da dereita Neira Vilas e na da esquerda o honmenaxeado con Tino Vaz, Magoia Bodega e Paulo Nogueira.( Fotos: UNHA GRANDE CHEA).
Despois tomou a palabra Neira Vilas quen tamén se adentrou na figura do seu amigo. Por último e despois de recibir un agasallo dos libreiros e do Concello de Cambados, subiron o escenario Isaac Diaz Pardo e señora quenes foron aplaudidos durante varios minutos, home modesto don Isaac quen se quitou todos méritos postos polos anteriores interlocutores, contando unha serie de anécdotas que fixeron rir o publico. O acto rematou dunha maneira fermosa Tino Vaz acompañado por Magoia Bodega e Paulo Nogueira interpretaron de maneira maxistral o romance de Maruxa adicado especialmente o homenaxeado.
Así como outras veces criticamos o Concello temos que destacar a presencia de Anabel Carro, que en todo momento estivo a altura das circunstancias, ogallá a nosa concellala de cultura siga por estes derroteiros. Entre o numeroso público asistente podemos atopar o académico Francisco Fernández Rei o escritor Ramón Caride o Concellal do P.S.O.E. Rafael Blanco Guerreiroo concellal do BNG Vítor Caamaño, o xurista e presidente da Asociación da Memoria Histórica do Grove Avelino Ochoa, o líder comarcal do BNG Duarte Correa e outras personalidades da política e da cultura comarcal. Por suposto entre os asistentes tamén se atopaba o Secretario da nosa Asociación Chon.
Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink
E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.