NOS TAMÉN VOS QUEREMOS…

MAIS CAMBADESES ILUSTRES…

Carlos Losada gaña o II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil

unhagrandechea carlos losada faro

De Game over, o xurado salientou o "bo ritmo" da obra, as súas "boas posibilidades escénicas" e a "frescura" da linguaxe. Subliñou que o texto é "doado de seguir" para a mocidade e introduce unha "mensaxe moi actual": o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos por mor do mundo das máquinas. En Game over cóntasenos a viaxe de Roi ao país das súas marabillas, dos seus xogos e dos seus medos.  (Vieiros)

O cambadés Carlos Losada,, é autor e director teatral. Estreou unha ducia de espectáculos en compañías universitarias e independentes de Galicia. No ano 2000 fundou con Rubén Ruibal (gañador do Álvaro Cunqueiro hai dous anos, e neste mesmo día, do Premio Nacional de Literatura Dramática con Limpeza de sangue) a compañía profesional de teatro Cachuzo. (Vieiros)

Carlos empezou en Cambados no compañía de treatro creada por el mesmo e os seus amigos denominada “Feirantes Balboas”, con Maneiro, YaNIi, Piti Jr etc., e primo carnal de Javito e tio de o supercampeón da bici o noso “Losada”. Cambados estase a convertir nunha mina facendo artistas.

—————————————————————————————————————————————————————-

ACCION CONTRA A FAME PRESENTA A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ‘MAMA-FAME’ NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

unhagrandechea cambados mama fame 1unhagrandechea cambados mama fame 10unhagrandechea cambados mama fame 11

ACCIÓN CONTRA A FAME é unha ONG internacional non gubernamental, privada, apolítica, aconfesional e non lucrativa, creada en 1979 para intervir en todo o mundo loitando contra a fame, a miseira e as situacións de perigo que ameazan a homes, mulleres e nenos indefensos.


A presente exposición trasládanos ós lugares no que actúa, reflictindo a cruda realidade coa que se teñen que enfrontar os cooperantes e a maneira en que se desenvolve a vida cotiá nos emprazamentos ós que chega esta axuda.

 

unhagrandechea cambados mama fame 12unhagrandechea cambados mama fame 2unhagrandechea cambados mama fame 3

 

 

 unhagrandechea cambados mama fame 4unhagrandechea cambados mama fame 5unhagrandechea cambados mama fame 6jpg

A muller simboliza a vida nos países máis pobres. Representan o núcleo familiar e son o motor do desenrolo dos seus comunidades. Paradóxicamente, son elas as máis afectadas pola pobreza. Resulta difícil crer que a pesar do papel esencial que xogan, no lles este permitido decidir sobre cuestións tan importantes como o número de fillos que teñen, onde vive a familia ou que uso se fai dos ingresos. Elas deben sacar adiante aos seus fillos e a súa colleita anual, loitan contra a fame a diario e a pesar de elo, non teñen voz na súa comunidade, das decisións encárganse outros. A pobreza recrudecese cando se fala de enfermidades como a SIDA, e nesta, tamén as mulleres sofren un rol protagonista: de cada dez persoas afectadas da SIDA en África, seis son mulleres, xa que teñen un maior risco de contaxio por prácticas sexuais non protexidas e poligámicas. A muller ostenta un triste, pero esperanzador, primeiro plano no escenario da pobreza.

 

unhagrandechea cambados mama fame 7jpgunhagrandechea cambados mama fame 8jpgunhagrandechea cambados mama fame 9

 

A obra da fotógrafa e cooperante Marina Espriu reflexa a paradoxa que sofren as mulleres en África, concretamente en Angola: son vítimas da fame e á vez motor de desenrolo das súas comunidades.

 

 Marina Espriu, fotógrafa e cooperante de Acción contra a Fame en Angola, quixo retratar a súa forza e coraxe nun reportaxe que exporase durante a segunda quincena de novembro no Centro Comarcal do Salnés.

 

As 32 imáxenes, realizadas por Marina Espriu Simón para Acción contra a Fame, intercalanse ao longo de nove paneis con textos explicativos en relación á feminización da pobreza, as familias monoparentais, o rol dos homes, a fertilidade femenina ou a muller como peza clave para a supervivencia da familia.

 

Esta mostra estará aberta no Centro Comarcal do Salnés, Paseo da Calzada s/n, Cambados.

 

Adxuntamos imaxes da exposición.

Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico:
ccsalnes@comarcasdegalicia.com

 

 

—————————————————————————————————————————————————————-

bronquitis crónica a vosa disposiciòn

untitled

Peich de “Bronquitis Crónica” fainos saber que se pode descargar a maqueta de Bronquitis Cronica dende o seguinte enlace:

http://www.hhgroups.com/maqueta-3551/Bronquitis-cronica-Insomnio/

 

—————————————————————————————————————————————————————-

 

A BANDA DE TIZÓN

unhagrandechea cambados a banda de tizon

Unha Grande Chea consigue colgar na Voz de Galicia no apartado “Fotos Antiguas” ate o de agora a foto máis antigua . Tratase da famosa neutros tempos banda de Tizon (bisabó do noso Secretario Chon e actual propietario da fotografia). Esta Banda recibiu en Vilagarcia o Rei Alfonso XIII  a principios do seculo pasado. Todos componentes eran cambadeses.

—————————————————————————————————————————————————————-

ACTIVIDADADES DAS MULLERES RURAIS DE CORBILLÓN

A.MM.RR."A SECA" – Corbillón
            Cambados

    Pola presente, a directiva desexa comunicarvos,que os vindeiros días 9,16,23,30 de Novembro e o día 5 do mes de Decembro,terán lugar unhas sesións de "RISOTERAPIA."

    Debido a que as prazas son limitadas,rógase a todo aquel que queira asistir, que o comunique canto antes ben chamando o teléfono 690843493 ou persoalmente na Casa de Cultura de Corvillón os sábados de 18:30 a 21:00 horas.

Atentamente un cordial saúdo,

         A Directiva
     A.MM.RR."A SECA"

————————————————————————————————————————

CARMEN SEVILLA "A DAS OVEJITAS" EN CAMBADOS

1149179136_extras_albumes_0 

Carmen Sevilla , a coñecida presentadora das ouvelliñas, en que na actualidade presenta “Cine de Barrio” na primeira,  estivo esta ponte de difuntos en Cambados aloxada na casa que a viuva de Joaquin Prat poseu na popular barriada de Santo Tome. Outra das nosas visitantes que quedou maravillada co noso pobo. Seguramente a voltaremos a ver por aquí porque dixo que voltaria. A anéctoda foi que coas gafas que traia preguntoulle a Aldao, despois de rematar a misa "¿No me conoce?, e dille o cura "Con esas gafas no", quitou as gafas e Aldao sorprendido dille "Ah, pero si es Carmen Sevilla", e ali todas as fieles beatas lle comezaron a dar vicos a popular estrela.

————————————————————————————————————————

O SAMAIN EN TORRADO

lastscan

Alessandra Apariz Chaves, a filla do famoso fotografo cambadés Eduardo Apariz, foi con Nerea Ribadomar  e LLedó Ambrós as gañadoras dos 50 euros en vales de compra que Zona Centro donaba para as cabazas maís orixinais do Festival Samaín organizado estos días por dita Asociación no Pazo de Torrado.

 

—————————————————————————————————————————————————————-unha grande chea TV, PRESENTA, DOUS DOCUMENTOS INÉDITOS , A CADA CAL MILLOR:

1º.- Un traballo do noso colaborador ferrolá PAPIGIL: 

O dúo "Daniel Bellón & Diego Maceiras" nace en 2005 .Profundiza nunha formación pouco desenrolada no eido musical:Gaita e Acordeón. Os dous integrantes do dúo son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario.
As primeiras andainas e actuacións como grupo desembocan na preparación dun proxecto moi ambicioso que ve a luz no verán de 2005 cun concerto de presentación no seu concello. Trala excelente acollida o grupo foi reclamado para actuar en distintos lugares da xeografía galega. En decembro do mesmo ano, despois de tan só dous concertos, dan o salto a París (Francia).
Ano 2006 inmellorável: triunfos en Santiago, Ortigueira, actuando en Cornualles e no "Festival Intercéltico de Lorient"…
Cun nutrido repertorio baseado en pezas de Composición e outras Tradicionais de distintas partes do mundo, o Dúo afronta o concurso de "Radio Obradoiro" onde o Premio levounos a grava-lo seu primeiro disco: UNIÓN DAS TERRAS.
Son os máis votados no Runas do "Festival de Ortigueira 2006" onde contan coa colaboración do guitarrista Álex Blanco. Deste xeito no "Festival de Ortigueira 2007" pasan a actuar no seu Escenario Principal.
Despois de Ortigueira 2006 voltan ó extranxeiro:
"Festival Intercéltico dos Xogos Náuticos de Falmouth" (Cornualles,
Reino Unido) e sendo un dos grupos de delegación galega que participan na "XXXVI edición do Festival Intercéltico de Lorient" (Bretaña, Francia).
Como colofón ó 2006 actúan na cidade de Xenebra (Suiza) onde dan un concerto diante da representación de Centros Galegos no Exterior.

  

   

 

2º.- UN DOCUMENTO FEITO POR UN CAMBADÉS ANÓNIMO , QUE PASOU UN TRABALLO DE CARALLO.

Andando por you tube a veces encontraste cousas sorprendentes como estas gravacions do emisario submarino, gravadas algunhas escenas con camara submarina, toda unha sofisticación, que ún non se debe perder, é como o Nacional Geographic pero en Cambados:

TOMA I

     

 

TOMA II

   

 

TOMA III

 

   

————————————————————————————————————————

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s