O próximo 9 de novembro os edís cambadeses volverán reunirse para coñecer os actos principais que se organizarán no 2009 con motivo do cincuenta aniversario da morte de Cabanillas. Un proxecto que o Concello pretende liderar e ao que invita a sumarse a todas as asociacións e institucións que o desexen. Pero non será unha comisión a que se encargue de organizar todas estas actividades, pois o equipo de Tourís rexeitou unha moción do BNG que propuña crear unha entidade que, ademais, serviría de xerme á futura Fundación Cabanillas, moción apoiada tamén polo PSOE. Esperemos logo o dia 9 para poder pronunciarnos.
—————————————————————————————————————————————————————-
ISAAC DIAZ PARDO SERÁ HOMENAXEADO EN CAMBADOS
O vindeiro 25 de novembro os libreiros de Cambados homenaxearán a D.Isacc Díaz Pardo no
Auditorio Municipal de Cambados ás 12,30 horas.Participarán o editor Antón Mascato e o
escritor X.Neira Vilas.haberá unha parte musical e un xantar co homenaxeado. A medida que se vaia achegando o acontecemento ireos informando sobre do mesmo.
—————————————————————————————————————————————————————-
HOMENAXE A UNHA NAI, A UNHA TRABALLADORA, A UNHA MARISCADORA..
A Lua é a tua xefa.
Xa se sinte a nostalxia por deixar de sentir ese amencer que arrecende a mar, humidade, frescura….e un sen fín de adxectivos que denotan o fermoso do teu traballo, xa se bota en falta alí onde a suor é salgada , onde o horario non o dirixe nengún desagradable sinal de megafonía ou reloxo senón a imparable enchida do mar. Facer o cope e voltar para a casa, vaia roubo!, como baixou o prezo, pero si onte vendín ao dobre!, veña Isabel deixame levar estas sans para botarlle ao arros que meus fillos morren por elas. Esta semana son as secas ghrandes, non vale a pena ir , o marisco vai tirado…. Leveille o ancaso ao ferreiro, xa ten os dentes novos….Paco, ponlle o meu nome ao caldeiro que sempre se mesclan na lonja. Xa se bota en falta esa dor xeral (pernas, brazos, as tuas maltreitas mans..)de ter que vir camiñando dende a Toxa Pequena. Esta semana quedamos no Baral, o birbiricho está presioso. No Lombo da Rata botamos cría esta semana……..Ai.!!, onde van aqueles tempos nos que se ía cara Correlo! (non sei pq llo diron ás de Castrelo) A Japónica medra o dobre que o resto, ao burato apuras menos pero traballas a metade, o malo é que tes que levar os lentes senón non as sintes(ves) respirar…….Miles e miles de frases, miles e miles e sentementos que se deixan atrás, non é un traballo calquera é o mellor traballo do mundo, mariñeiriña que ensinas ás novas a crusar o regho, mariñeiriña que ensinas ás novas a xoghar á brisca (vixiar ,que vixien os da noite que eu por unha vez levo o as de trunfos)……..E choverá?, levarei a roupa de aghuas? Sempre o preguntas entre lusco e fusco antes de sair da casa cun tazón de leite na mán, non o levo que non vexo nube algunha (non o levas aínda que duas horas máis tarde maldigas a tua imprudencia) …. A praia, a praia é para os turistas….. O meu é o Sarrido….Mariñeiriña, tes o mellor trballo do mundo a tua xefa é a lua, ela é quen dí se trballas de mañán ou de noite e si trballas 4 ou 6 horas, ela vai cando a ti ate que chegas ata que a baixada do mar te envolve , despídese ate o seguinte amencer no que voltas a mirala.
Tes o mellor traballo do mundo , non importa que un papel poña que non podes voltar, pq eres unha mariñeiriña e a esas, a lua sempre as desperta, a esas ,a lua sempre as respecta pq ti naceches no mar alí onde o vento always blew free, Mariñeiriña. Mariñeiriña Sempre!!!
Un bico.
Boas tardes e boa sorte!
Beni Pomares. “Bechi”
Esta excelente dedicatoria podémola extraer do fotolog de Beni Pomares, e un panexírico adicado a súa nai co gallo da súa xubilación . Simplemente xenial. Quixemos respetar tal e como estaba escrito no seu fotolog, só lle engadimos o titular principal.
—————————————————————————————————————————————————————-
—————————————————————————————————————————————————————-
INCONGRUENCIAS
A quen se lle ocorreria prantar esa árbore no sitio en que o fixeron, moi ben o portal, moi ben o liña amarela de prohibido aparcar pero a árbore non está no sitio adecuado.
—————————————————————————————————————————————————————
UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA:
UN DIA CALQUEIRA NO BAR SILVA (6)
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
————————————————————————————————————————
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |