Un gran paso dou o Cambados o superar hasta o que o de agora era o segundo clasificado o Valadares, ademais volveuse a facer un gran partido e o do Rápido de Bouzas quedou xa esquecido. Con esta gran vitoria upámonos o quinto posto da clasificación a a tan só catro puntos do líder Nigrán e a só un punto do segundo clasificado o Marín. A destacar o debut do xogador Blas pertencente o cadro do Cambados B que fixo un bo partido. A vindeira xornada viaxamos a Poio onde teremos que dar boa conta do noso rival xa que vai inmediatamente despois de nos , esperemos non ter erros de falta de concentración.
—————————————————————————————————————————————————————-
RUBIANS 0 – CAMBADOS B 2
Pepe autor do primeiro gol dun precioso cabezazo e na seguinte foto podemos ver os xogadores do Cambados B celebrando o gol obra de Beni Vilas.
Xa estamos aí, no quinto posto (igual que o Cambados A na súa categoría) a catro puntos do líder Umia e a dous do segundo clasificado San Miguel. A vitoria sobrada en Rubians , cun equipo de circunstancias sírvenos para dicirlle os demais equipos que coidamos aquí estamos e con serias aspiracións. A vindeira semana o noso rival é o Chispa que vai xusto debaixo nosa no sexto posto e a un só punto de nos. Promete o vindeiro partido. No de onte destacar o gran gol de cabeza de Pepe que foi un dos destacados. O segundo gol marcouno Beni Vilas grazas tamén hai que dicilo a un fenomenal regalo do porteiro local. En canto os outros equipos de cambados diremos que o Salnés foi goleado na casa polo Drakkar por un contendente 1-9 mentres que o Beiramar empatou na casa a 0-0 co Sobradelo. De seguido deixamosvos unhas imaxes do encontro:
—————————————————————————————————————————————————————-
TENIS DE MESA
Enrique Barreiro (senior)
Unha semana máis, o equipo de t.m. cambadés tivo unha gran xornada:
O equipo de 1ª nacional daba un golpe na mesa e impoñíase por un 4-1 á Padronesa, equipo deseñado para loitar pola fase de ascenso, que conta con un xogador rumano de 19 anos (Robert) de gran nivel. Este acadaba o único punto do equipo padronés contra Edu Barreiro, e poñía en apretos a Karol (3-2 para Karol) nun gran partido. Asi, Karol sumaba 2 puntos, Jacobo 1 e entre os dous o dobres.
En 2ª nacional, victoria dos Ñajo, Fer e Toni por 0-4 en Lalín. Pouco que comentar ante un equipo que perfilase coma un candidato ó descenso.
Unha de cal e otra de area en 1ª galega; o equipo formado por Jorge, Jandrús e Padín gañou con apuros o Monteporreiro B por 4-3, mentres que Joaquin, Raúl e Toño perdian co liceo de Vilagarcia por un sorprendente 4-0.
Unha vez máis, bo resultado do equipo de 2ª galega, o impoñerse por 2-4 o Indugasa vigués con 2 puntos de Enrique Barreiro "senior", un de Pablo e o dobres Enrique e Tomás.
Sen embargo o equipo de rapaces da padronesa "vengou" o equipo de 1ª, gañandolle ós 2 equipos de cativos cambadeses por 2-4 e 0-4.
Vale dicir que nestes equipos habia baixas moi importantes pois Raquel, Cris e Martín estaban nunha concentración en Portugal.
En canto ó Rabade t.m., victoria por 4-0 ante o Ferrol que o pon como lider en solitario da categoría con catro victorias e cero derrotas.
Quique Barreiro, xogador do Rabade TM
EDUARDO BARREIRO SELECCIONADO PARA XOGAR O ABERTO INTERNACIONAL DE PORTUGAL
Eduardo Barreiro (de laranxo) nunhas fotos de arquivo
O bo labor que o Cambados TM está a realizar coa canteira comeza a dar os seus froitos. Así, un xogador de categoría infantil foi convocado para participar nunha sesión de de traballo coa selección española. Trátase de Eduardo Barreiro, que foi seleccionado para disputar o Aberto internacional de Portugal para mozos, que se celebrará do 30 de novembro ao 2 de decembro na localidade portuguesa de Tavira. Eduardo xoga habitualmente en Primeira Nacional.
Detección de talentos
Outros tres xogadores do club de Cambados foron citados, á súa vez, para acudir coa selección galega a unha concentración na localidade portuguesa de Mirandel. A chamada de Martín Regueiro, Raquel Martínez e Cristina Barreiro enmárcase no programa de detección de talentos que puxo en marcha a Federación Galega de tenis de mesa.
Unha Información de Quique Barreiro.
—————————————————————————————————————————————————————-
BALONCESTO
T.G.M. ARZÚA 66 – XUVEN 82
Arzuáns e cambadeses disputaron no municipal do Cruceiro un encontro que ben merece o calificativo de “extraordinario”, e que supuxo a primeira derrota da temporada do equipo de Cambados, despois da disputa de sete xornadas, para satisfacción da animosa “parroquia” local.
E iso que as cousas empezaron moi ben para os visitantes, que cos puntos de Sineiro desde o exterior e de Iván Villar desde a zona non tardaron en situar unha diferencia de dez puntos a pouco do inicio, ademais de provocar a terceira falta persoal do local David “Gorri” na última xogada do primeiro cuarto, de especial preocupación para o cadro de Arzúa.
Alberto Camba, destacado polo Arzúa.
Pero a gran diferencia entre uns e outros foi que mentres os visitantes dependían en exceso de Sineiro e Villar (autores de máis do 60% dos puntos sumados polo equipo), nos locais pouco importaba o cinco que estivera en pista ou que xogadores como Gorri e Chiqui, os mellores na pasada xornada en Ourense, non tiveran nesta ocasión o seu mellor día.
De feito as rotacións de Javier Riestra mantiveron en progresión o rendemento do seu equipo. Liderados por Óscar González, decisivo no segundo cuarto e terceiro cuarto, os locais deron a volta ó marcador e pasaron a tomar a iniciativa no xogo. O traballo defensivo arzuano, en especial de Alberto Camba sobre Iván Villar, e a “frescura” coa que os locais chegaron o tramo final resultaría decisiva. Incluso a eliminación por faltas de David “Gorri” e Óscar González, a catro e tres minutos para o remate, pasaría desapercibida, poñendo de manifesto a amplitude do banco arzuán.
Miguel Sineiro destacado polo Cambados.
ANOTADORES:
TGM ARZÚA: 66 (17+17+18+14): Manu (16), Emilio (16), David Castro (7), Alberto (6), Gorri (4), c. i., Óscar (12), Pablo (-), Chiqui (-), David Fernández (5).
XUVEN CAMBADOS: 62 (23+15+12+12): Nacho Rebollo (5), Insua (2), Sineiro (19), Pablo Barreiro (7), Iván Villar (19), c. i., Manu Santos (9), Pombo (3), Serantes, Oubiña e Martínez (-).
Arbitraron Blanco e Cudilleiro. Sinalaron 25 faltas ós locais e 19 ós visitantes.
Deste xeito TGM Arzúa e Xuven Cambados quedan na segunda praza da táboa con seis victorias e unha derrota, mentres que o Cafegal Ourense, que se impuxo na pista do Riazor por quince puntos de diferencia, queda como único equipo invicto da competición.
Unha información recollida do blog do T.G.M. ARZÚA.
—————————————————————————————————————————————————————-
CETRERÍA
O CAMBADÉS BRAIS GONZÁLEZ OTERO, CAMPIÓN GALEGO DE CETRERÍA.
ALBERTO DE VIVEIRO SEGUNDO DE GALICIA E TERCEIRO DA CLASIFICACIÓN, XUNTO CON BRAIS,AMBOS DEFENDERAN A GALICIA NA FINAL ESPAÑALA EN TORO O PROXIMO FIN DE SEMANA
O Cambadés Brais González Otero quedou campión galego no VI Campionato da especialidade celebrado os pasados 26, 27 e 28 de Outubro pasado disputado en Xinzo de Limia. O cambadés participou cunha femia de Harris chamada Loli. Subcampión quedou Alberto de Viveiro cun macho de Harris. Os dous defenderán a Galiza no campionato español que terá lugar en Toro o vindeiro fin de semana. Laura González Otero co seu macho Toxiño, non tivo sorte e non pasou a final.
REPORTAXE GRÁFICA: (Fotos: D.O.A.)
CETRERA LAURA AXUDADA PO LO SEU MORRALERO BRAIS
VUELO CO QUE BRAIS QUEDA CAMPEON GALEGO E SEGUNDA NA CLASIFICACIÓN.
VUELO CO QUE BRAIS QUEDA CLASIFICADO PARA A FINAL
A SECCIÓN DE DEPORTES FOI PATROCINADA POR:
—————————————————————————————————————————————————————-
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |