Da gusto ver como funcionan algunhas concellarías de Cultura tal como é o caso da de Vilagarcía, outras deberán tomar exemplo. Baixo o lema “De ruta con Cornelius” a Concellaría de Cultura vilagarciá ven a invitar a toda xente da comarca e en especial do pobo veciño a apoiar a banda Cornelius nunha fase, que de superala, conduciría a música vilagarciá o máis alto da escena internacional. O Candem Electric Balroom de Londres seria o seguinte escenario dun concurso que reserva 100.000 $ e unha xira mundial para o gañador elixido entre milleiros de bandas de todo o mundo. O autobús sairá o mesmo día do concerto , o sábado tres de novembro, as 10 da mañá da Praza de Ravella. A viaxe é completamente gratuíta, os interesados só terán que abonar os 12 euros do concerto nos seguintes puntos: Concellería de Cultura e Xuventude, Pub Gotham. Taperia Deleria, pub Dolce Vita, Bar Miúdo e Taberna de Moe´s.
Evidentemente ata aquí a nova en si , pero nos o que queremos destacar é que na banda Cornelius, os teclados está nin máis nin menos que o cambadés José Vilas, músico e técnico de son, fillo de músico por parte do pai, e tamén da nai que procede dunha das familias con máis tradición en Cambados, os Losada. José Vilas é ademais primo carnal do noso mestre Xaquín Xesteira. Desexamos de todo corazón que este cambadés triunfe en Madrid e por suposto tamén o seu grupo.
—————————————————————————————————————————————————————-
O CRUCEIRO CRUZADO
Vivimos nun pobo que agás que algunha que outra aberración urbanística tales como o edificio do Banco Zaragozano ou o edificio da Merced, sólese respectar bastante o que é o entorno urbanístico. Pero a veces tópaste con cousas no teu pobo que non teñen razón de ser , que son verdadeiras aberracións. O outro dia un dos nosos reporteiros dando un volta en coche polo lugar de Refoxos en Corbillón polo de agora parroquia de Cambados, viu esta casa:
En principio non lle chamou a atención a menos dende a distancia onde a percibiu, pero a medida que se foi achegando a ela chamoulle a atención un cruceiro coidamos que con bastante antigüidade, o noso reporteiro xirou a esquerda e cando xa pasara a casa pensou, “…a ese cruceiro ou fáltalle un cacho ou aí hai algo raro…”, efectivamente o noso reporteiro dou volta , baixou do coche e veu isto:
O noso reporteiro non saia do seu asombro, un cruceiro cruzado cun valo de non fai moitos anos… que aínda no vos decataches aquí tedes unha foto de perfil que vos pode abrir máis o ollos:
Nos non sabemos si isto e “feismo”, unha aberración cultural, unha aberración urbanística, ou simplemente unha aberración. O que está claro é que é todo un atentado a lóxica. Nos non entremos nin saímos na propiedade do cruceiro ou de once está o cruceiro , de quen é casa , a propiedade que a circunda etc, nos só expoñemos o feito e vos opinade:
—————————————————————————————————————————————————————-
LEIRO EN ESTADO PURO
Foto: Faro de Vigo.
O xenial artista cambadés Francisco Leiro ven a ampliar o dunhas mellores colección de arte do estado español a Colección Caixanova cunha nova obra denominada “Carrier”. Lembra a obra a Caronte, barqueiro de Hades (Deus dos mortos) encargado de guiar as sobras errantes dos finados dun lado a outro do rio. Destacan os críticos a mestría do tallada e unha peza que está a chamada a facer historia. Falando de leiro temos que dicir que este ano o escultor ven de facer nada máis nin nada menos que cincuenta anos. Felicidades Leiro.
—————————————————————————————————————————————————————-
BANCO DE CAMISETAS E LEMAS
Foto montaxe UNHA GRANDE CHEA
Un dos visitantes da nosa páxina que se fai chamar GONSOMITO enviounos este correo:
“””Póñome en contacto con vós porque creo que sodes, posiblemente, o colectivo máis representativo da cultura e sociedade cambades na actualidade. Queríavos propor unha idea que me abordou mentres recorría os "spaces", os "fotolog" e demais bitácoras desta zona na rede.
Tódolos anos a mocidade (e non tan mocidade) que goza do Albariño espirme os miolos para sacar unha boa idea que poder plasmar no que será o seu "uniforme" para esas datas. Moitos deses deseños gárdanse como ouro en pano no fondo do armario para saca-la, con sorte, un por de veces ao ano. Outras tantas, pola contra, pérdense no tempo ou na lavadora, pero case todas , sobre todo as que son boas, reviven na memoria ata que un bo día dis para os teus adentros "¿e como era aquela camisola tan rechamante que levaron aqueles de Vilanova no ano 2007?" ou "¿De quen sería aquela camisola amarela que levaba de lema ‘Os homes de Baco’ parodiando á serie de antena3?". A proposta, se non está inventada xa, consistiría en crear unha especie de "banco de deseños e lemas" coas camisolas do albariño de tódolos anos.
Coido que sería unha boa idea para recalcar, por unha banda, o "movemento artístico" no deseño en téxtil que se crea nestas datas, por outra parte unha boa forma de expandir a festa do Albariño e por último, unha maneira sinxela de gardar, a parte que no recordo, tódalas ideas concibidas ata o momento.”””
A nos parécenos unha boa idea e incluso nos propoñemos como depositarios de ese banco de datos pero faría falta a vosa colaboración remitíndonos fotos de camisetas de todos los anos do Albariño, depende de vos.
—————————————————————————————————————————————————————-
ERROS EN CADEA
O pasado día 23 de outubro publicase na páxina de Deportes de Diario de Arousa a seguinte clasificación:
Non vos alarmedes non é un novo grupo de 3ª División Autonómica o que pasa, que probablemente debido a un erro informático o Deiro pasouse a chamar Deliro, o Umia Amia, o Bamio Bario, o Drakkar Dragar, o Vilanova Vilano, o Romai Roma, o Pontearnalas Fontanelas, o Beiramar Bramar, o Salnés Sainas e o Sobradelo Sobradero. En fin non deixa de ser curioso.
—————————————————————————————————————————————————————-
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA:
TREIXADURA " CACERIA EN DO MAIOR"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
A VODA, un video de http://es.youtube.com/user/SORROSORRITO
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
—————————————————————————————————————————————————————-
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |