Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambados e con DNI nº 35437835, presenta para o seu tratamento no próximo Pleno a seguinte MOCIÓN:
CREACIÓN DA COMISIÓN ANO CABANILLAS 2009
No ano 2009 cúmprense o cincuenta aniversario da morte do insigne poeta cambadés Ramón Cabanillas.
Desde aquela numerosas foron as ocasións en que, por un ou outro motivo, foi recordada e homenaxeada a figura deste noso sobranceiro veciño. Así, no ano 1976, centenario do seu nacemento, fixéronse distintos actos en Cambados, e a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas. No ano 1984 o Concello conmemorou, tamén con diversos actos, o vintecinco aniversario da súa morte. Máis tarde o Concello creou a Casa Museo Cabanillas, No 1998 a Asociación Cultural Santa Compaña conmemorou a publicación do seu mítico libro “Vento Mareiro” e no 1999 a Fundación Comarcal do Salnés realizou unhas Xornadas sobre Ramón Cabanillas con motivo do corenta aniversario. No ano 2000 a Asociación Candea publicou e realizou o roteiro de Cabanillas por Cambados e, recentemente, o Concello fixo unha exposición sobre Cabanillas e Cambados e publicou un “facsimil” do Umia e do Cometa sobre a figura do Cabanillas periodista. Moitas son as actividades que se poderían citar, ata a recente homenaxe organizada pola Asociación Cultural Unha Grande Chea.
Todos estes actos amosan que Cabanillas está vivo na memoria colectiva de Cambados, pero tamén coidamos que a relevancia que supón a súa figura para a literatura e cultura galega e universal é indiscutible, o que xustifica un esforzo para que a súa figura e obra sexan coñecidas e valoradas por máis xente, polo que creemos que o ano 2009 debería dedicarse á realización dunha serie de actos que promocionen a súa vida e obra por medio de publicacións, exposicións, congresos, conferencias, recitais, deseño dunha ruta, constitución dunha fundación… e preserven o seu legado para o futuro.
Cremos ademais que nun evento desta importancia debe participar toda a sociedade a través dos seus representantes e institucións, polo que propoñemos:
Creación dunha Comisión ampla e plural da que formen parte institucións académicas (Universidade, centros de ensino de Cambados), políticas (representantes do Concello, das Consellerías implicadas, da Deputación, dos grupos políticos de Cambados), culturais (Asociacións de ensinantes, asociacións culturais), sociais (asociacións de veciños, Confraría) e representantes da familia de Cabanillas.
En Cambados a 11 de outubro de 2007
Asdo.- Víctor Caamaño Rivas
—————————————————————————————————————————————————————-
O PSOE PIDE QUE SE INSTALEN BANDAS SONORAS NA RUA INFANTAS TAL COMO PEDIA UNHA GRANDE CHEA.
O portavoz do PSOE de Cambados, Domingo Tabuyo, presentou unha moción na que reclama que se instalen bandas sonoras e contrólese a velocidade nos principais accesos ao municipio. O socialistas considera que só así poderán reducirse os accidentes de tráfico.A proposta de Tabuyo pasa por colocar bandas en cálelas Infantas, Príncipe e Os Olmos e nas avenidas de Madrid, Galicia e Vilariño. Ademais, tamén solicita substituír as que se colocaron na rúa Rodas por outras adaptadas á normativa e cambiar as da avenida do Salnés por outras que de verdade impidan os excesos de velocidade na contorna. Para terminar, Tabuyo considera que se debería solicitar a Tráfico a cesión dun equipo de radar para controlar a velocidade nos accesos ao municipio.O socialista explica que o Concello executou unha serie de medidas de reforma do tráfico en varias rúas do centro de Cambados. Por iso considera aconsellable implantar medidas que obriguen aos vehículos que circulan por eses viarios a reducir a velocidade. Engade ademais que isto axudaría a evitar accidentes en zonas próximas a colexios, cruces perigosos ou espazos peonís.Tabuyo aposta por adoptar medidas concretas en cada rúa, pois non é o mesmo actuar sobre o centro histórico que sobre rúas con moito maior tráfico. Por iso apunta a que todas as medidas deben adoptarse de acordo coas directrices da Policía Local.Doutra banda, o socialista recorda que Cambados asinou en 1999 un convenio con Tráfico para a cesión de equipos de radar aos axentes da Policía Local. «Ata ou momento este grupo municipal non ten constancia de que se fixeran as xestións oportunas para realizar ditas cesións», asegura. Tamén reclama que se soliciten estes aparellos para poder controlar a velocidade nas rúas.
—————————————————————————————————————————————————————-
CHOURIZO FILMS ESTÁ DE MODA
Chourizo Films comeza a poñer de moda nos medios tradicionais, en internet son uns dos máis destacados, e así xa os podemos ver en artigos, na Voz, no Faro ou en Diario de Arousa, eu na mesma radio galega , de seguido reproducimos íntegra a entrevista a Rodrigo Piñeiro, alma mater de Chourizo Films:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
————————————————————————————————————————
www.cambadosenfotos.net desexa homenaxear os nosos maiores.
Quere fotografar ao home e á muller de maior idade de Cambados.
Gustaríalles contar coa vosa colaboración para así poder facer unha pequena homenaxe fotográfica ao home e muller máis lonxevos de Cambados para que entren a formar parte da súa sección Xente de Cambados .Para Eduardo Apariz sería todo un orgullo poder fotografalos e amosalos na súa web. Como adianto, hoxe amosan a fotografía de Fontán, case noventa anos o contemplan. Sospeitan que non é o home de máis idade de Cambados pero mentres chegan, el presedirá a sección. Se queres poñerte en contacto con él aquí tes o seu e-mail eduapariz@telefonica.net
—————————————————————————————————————————————————————-
UNHA GRANDE CHEA TV PRESENTA NESTA OCASIÓN OS SEGUINTES VIDEOS:
"A CRIADA DO CURA" DE UNHA GRANDE CHEA TV
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
————————————————————————————————————————
OUTRO DIA NO BAR SILVA DE UNHA GRANDE CHEA TV
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
————————————————————————————————————————
CAMBADOS CHEIRA DE http://es.youtube.com/user/denunciascambados
———————————————————————————————————————————————————————————————–
O CEBREIRO POR
http://es.youtube.com/user/papigil
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
Foron quen de me pasar da escoita, disfrute e admiración polo mundo da Nosa Música a comezar a "soplala".
Ista é unha homenaxe pública de agradecemento persoal, particularmente a Suso e a súa muller Concha ( Asador "O Moreno" – O Cebreiro ), a Pepe de As Nogais e ó "panadeiro", ós propietarios da pensión do Mesón "O Recuncho" ( Ferreiras-As Nogais),ó propietario da Venta Celta ( O Cebreiro ), a Marcial de Liñares maila súa esposa, ós amigos do Bar de O Alto do Poio e tódolos demáis que sempre aportan tanta ledicia participando nas Foliadas sempre que acudo ó meu segundo lar.
—————————————————————————————————————————————————————-
FANCINE DESPREGABLE
Xa está publicado o fanzine despregable. Menú variado para este outono tan atípico.
Na portada Andrea Costas, unha artista galega, cunha obra dura e impactante. En música, Los hijos bastardos de Peter Lorre, un nome longo dabondo para un grupo que versionea aos grandes do rock and roll e que leva a festa no corpo. A regueifa é unha plataforma de música galega onde podes baixarte gratuitamente o traballo de moitos grupos galegos, fixémoslles unhas preguntas.
Extensa crónica do festival Paredes de Coura, recordo á Velvet Underground, Grindhouse e incluso unha breve reseña da serie V, O seminario permanente de Jazz de Pontevedra…
A fotografía central é de Mónica Ferreirós e o comic de Sergio Covelo. Música, arte e cine…
Por un euro, nas mellores librerías e bares do lugar.
Un saúdo e saude!!
Para máis información sobre as actividades da Embaixada visita:
www.embaixadaprusiana.blogspot.com
—————————————————————————————————————————————————————-
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |