DEPORTES 22/10/07

DEPORTES
FUTBOL
RÁPIDO DE BAHIA 3 – CAMBADOS 0
lastscan          unhagrandechea cambados a

Perante un rival a priori asumíbel o Cambados pegou un esvarón neste xornada perdendo por un rotundo 3-0 na casa do Rápido de Bouzas. Despois do bo partido feito na xornada anterior non se entende este troco nos xogadores cambadeses, esperemos que fora un dos poucos deslices que podemos ter. Pódese perder cos de arriba, pero cos de abaixo hai que afirmar os resultados. Baixamos así hasta a oitava posición quedando a seis puntos do líder Nigrán. A vindeira xornada temos un oso duro de roer nin máis nin menos que o segundo clasificado o Valadares, hai que dalo callo e gañarlle como sexa.

—————————————————————————————————————————————————————

CAMBADOS B 2 – ZACANDE 0

unhagrandechea cambados beni borja  100_5368 

 

Beni Pomares "O Gran Capitán", Bruno o Debutante, e José Luis  que puxo a calidade.

 

100_5365

 

Fari, nunha pose de cine, traballou hasta que rompeu.

O Cambados B nunha boa primeira parte sorprendeu a un forte Zacande con dous goles en menos de cinco minutos. Así Beni Pomares nunha falta maxistralmente sacada conseguiu o 1-0 e Pepe a saída dun córner tamén moi ben sacado por Beni consígueo o 2-0. Deste xeito o Cambados B úpase a quinta praza a cinco punto do líder San Miguel que parece imparable Na segunda parte o Zacande adiantou liñas pero o Cambados mostrouse moi seguro na zona defensiva  con Chon, Bruno, Paio e Iago que non deixaban pasar unha e un medio campo moi ben comandado por Beni Pomares e José Luis, podemos dicir que resultado xusto. O vindeiro domingo o Cambados B desprazase a Rubians o cal ven de gañar cun contundente 1-4 o Armenteira, promete un partido entretido. UNHA GRANDE CHEA TV, estivo ali e gravou estas imaxes:

  

—————————————————————————————————————————————————————-

BALONCESTO

XUVEN 80 – CAMPUS OURENSE 76

lastscan      unhagrandechea cambados xuven

Desta vez o Xuven tivo que apertar os dentes para impoñerse a un forte rival como era o Campus Ourense o que lle gañou por un 80-76, esta xa foi unha boa pedra de toque para os cambadeses, que aspiran seriamente a primeiro lugar. Agora co Cafegal Pavillón son os únicos equipos invictos da categoría. A vindeira semana  concretamente o vindeiro sábado desprazase a Arzúa para enfrontarse o T.G.M que figura en cuarto lugar, outro rival difícil para o Xuven.

—————————————————————————————————————————————————————-

TENIS DE MESA

unhagrandechea cambados ñajo      unha grande chea cambados tm     unhagrandechea cambados coco

Gran xornada, unha vez mais para o tm cambades, con victorias en tódalas categorias.
En 1ª, victoria 1-4 o liceo de vilagarcia , con 2 puntos de Karol, 1 Jacobo e dobres. O punto perdeuno Edu Barreiro ante Xose Luis Recuna, nun partido sen complicacións ante un moi bó equipo. A segur nesta liña.
En 2ª, repetiuse resultado, con 2 puntos de Ñajo, 1 de Fer e o dobres Ñajo e Toni. Victoria clara ante un rival no que Pablo Lois foi o único que prantou cara os xogadores do equipo cambadés, no que unha vez mais, a mellor noticia foi a confirmación da progresión de Fer que, con 14 anos, segue "axusticiando" a sogadores que lle dobran ou triplican a idade.
Dobre victoria en Narón en 1ª galega, Miguel, Moncho, Jorge, Xulio, Jandrúa e Coco trouxeron 2 victorias de gran mérito contra un dos rivais para loitar polo ascenso á 2ª división.
Outra gran noticia para o t.m. local é que os xogadores da canteira tamén van para arriba con miota forza e o equipo formado por Tomas e Nico, acompañados por un veterano como Enrique Barreiro, gañou 4-1, con 2 puntos de Tomás un de Nico e un de Enrique; mentres o equipo de miniñas con Raquel, Cris e Gemma venceu 4-0, resultado que reflexa o que pasou na mesa.
Unha derrota do equipo dos mais pequenos, formado por Pablo, e Martin Regueiro, e Ivan Lois en Monforte por 4-1 e outra dos "autonomos", que lles pido desculpas porque non sei o equipo que viaxaba a Coruña a xogar co Club do mar
En canto a min, o Rábade tm, gañou 1-4 en Narón. A nota destacada foi o 1º pto. acadado por Manel, que á postre deunos o partido, polo que seguemos líderes imbatidos.

unhagrandechea cambados tenis de mesa
Unha crónica de Quique Barreiro Jr.

—————————————————————————————————————————————————————-

Cetrería.

VI Campionato Galego de Cetrería.

unhagrandechea cambados cetreria

Programa: Dia 26 de outubro.- Recepción dos participantes hasta as 21.00 no Hotel Xinzo. Ás 22 horas farase o sorteo de vós. Dia 27: As 8.30 reunión de participantes no mesmo hotel, ás 9 saída cara  o campo de vós, as 9.h  inicio de vós en dúas modalidades. As 14 h. parada para xantar, as 15 h. reedición da proba e as 18. h. remate da sesión de clasificación. Dia 28: As 9 h. Comezo das finais, as 14.30 Fin da proba. As 15 h. xantar de clausura e acto de entrega de premios coa proclamación dos campións galegos das dúas modalidades nos salón do hotel.

Os participantes serán cetreiros con licencia federativo en vigor. Todas as susceptibles de ser usadas e que acrediten a súa procedencia legal. O Campionato rexerase polos regulamentos federativos en vigor. Entregaranse premios os cinco primeiros clasificados ademais do campión galego en cada unha das especialidades. O prazo de inscrición será ata o 26 de outubro e poderase facer nos teléfonos 687 66 61 08 ou 687 03 92 35.

Participan no evento os cambadeses Laura González Otero, que con 13 anos, disto fai dous anos, foi subcampión Galega, con un macho de "Águila de Harris" a faisán.Brais González Otero, no campionato de España celebrado en Toledo fai tres anos, quedou en noveno lugar con unha femia de "Harris" a caza de lebre salvaxe. Este ano,  nas xornadas internacionais do Norte, que se celebraron en León, entrou na final quedando na mesma en sexto posto.E nas xornadas de Cantabria, con a mesma ave quedou en quinto en caza a faisán e segundo en caza a lebre.

—————————————————————————————————————————————————————-

A SECCIÓN DE DEPORTES ESTIVO PATROCINADA POR:

 

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS GUAU NOVO            unhagrandechea cambados climax

 

UNHAGRANDECHEA ESTABLECIMIENTOS OTERO       unhagrandechea cambados_Chinelas

—————————————————————————————————————————————————————-

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s