CARLOS RABADE

CARLOS RÁBADE PALLARÉS,  MESTRE INNOVADOR.

Tal como chegou a Cambados, foise , sen facer ruído, sen molestar a ninguén  con toda a modestia que sempre o destingue. Carlos Rábade naceu no pobo que da nome o seu primeiro apelido na provincia de Lugo, e fai xa algúns anos.

 

Carlos 1

Carlos Rabade con pelo. (Foto: Unha Grande Chea)

 

 Chegou a Cambados aló polo ano 77, xa van ala a nada máis e nada menos que  30 anos, xurámosvos que chegou calvo, aínda que damos fe que si tivo pelo algún día, o que é verdade e que Carlos non ten un pelo de parvo. Veu destinado como mestre a unha “aldea” de Cambados que nin tan sequera oíra falar dela,  Castrelo.

 

1989 2

No antroido de 1989 partido Santos-Bayer Reveren2. (Foto: Unha Grande Chea)

 

 O ano e pouco de estar aquí xa se fixo director do Colexio,  cóntanos os seus colegas que era un mestre moderno e progresista por un lado e conservador por outro, é dicir tiña en mente proxectos novos para modernizar o seu colexio como asi posteriormente fixo, pero a hora de dar clase gustáballe facerse respectar e que os alumnos souberan quen mandaba na clase, a este Colexio non o coñecía ninguén, era un colexio como calquera outro.

1990 2

No antroido de 1990 disfrazado de Danzante de Cobas. (Foto (Unha Grande Chea).

 

 El rodeouse dun equipo de xente impresionante Xoán Antonio Pillado, Adela Leiro, Xeliño, María Xesús Costa,  Miguel Anxo Fernández e tantos e tantos outros. Este Colexio fíxose coñecido en toda Europa, colectou premios en materia audiovisual, publicaron libros  etnográficos, visitaron todos os lugares interesantes de Galiza foron uns dos grandes animadores do Entroido cambadés, en fin dada a súa calidade chegou a ser o mellor Colexio Público da provincia de Pontevedra e un dos mellores de Galiza.

 

1995 27

No ano 1995 disfrazado de Calcachaqui (Foto. Unha Grande Chea).

 

Carlos non é que estivera canso de ser mestre, fixádevos se teña tempo que ata nas horas mortas quitou a licenciatura de dereito, outra das súas grandes paixóns, como se nada. En fin toda unha figura da educación do noso pobo, todo un mestre todo un profesional, abandonounos non porque deixara a docencia, senón que por méritos propios accedeu o cargo de Inspector de Educación praza que acadou mediante concurso oposición, non é un cargo político, e foise a traballar para a capital da súa provincia natal.

 

 1996 8

No ano 1996, con Fico e Chon disfrazado de "XAbancheos"(Foto: Unha Grande Chea).

 

Nos coñecemos máis polo miúdo  a Carlos aló polo ano 1987, cando el e máis a súa dona Teresa quixeron participar na nosa comparsa no ano que precisamente nos empezamos a chamar UNHA GRANDE CHEA,  dende ese ano non deixou participar nunca tanto no Albariño como no Entroido con nos, cada vez que o coñeciamos máis  a fondo  non deixaba de de sorprendernos, todo cultura, todo saber, todo tranquilidade,  era coma a voz da experiencia.

2000 12

No ano 2000, disfrazado de "Os paiasos da tele"(Foto: Unha Grande Chea)

 

Por se fora pouco vai e fainos e mellor regalo que nos poderán facer nunca , nas horas mortas, que para el por certo eran moi poucas, e traballando sábados e domingos e despois de moitos meses de traballo saca a luz o noso libro “Unha Grande Chea 20 anos de Troula”, presentado en sociedade no auditorio de Cambados baixo o auspicio do actor Carlos Blanco.

_PRS0108

Teresa, a súa muller , tamén mestre.(Foto: Eduardo Apariz).

 

Grazas Carlos, polos teus consellos, polo túa sabedoría, polo noso libro,  pola túa experiencia , polo teu humor serio, por saber encaixar as nosas bromas a maioría de las sobre da túa brillante calva, e sobre todo grazas pola túa amizade. Unha Grande Chea non seria o mesmo sen ti.

 

_PRS0013

Co seu gran amigo Elpidio no Albariño de 2007 (Foto: Eduardo Apariz).

—————————————————————————————————————————————————————-

 

 

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s