UN “GOYA PODE VIR PARA CAMBADOS

UN "GOYA" PODE VIR PARA CAMBADOS
O CAMBADÉS JUAN GALIÑANES NOMINADO O MELLOR CURTO DE ANIMACIÓN.
Juan Gali[1]..
Juan Galiñanes (Foto: http://juangalinhanes.wordpress.com/ )
 

JUAN GALIÑANES

Juan Galiñanes é o director e montador de “Incomunicados” (2007), a curtametraxe de animación “O bufón e a infanta” (2007) e “Coma Nunca”(2003), do que tamén é autor do guión.

Desde o ano 2003 traballa na empresa DygraFilms, participando en todos os proxectos da produtora de animación galega, entre eles na montaxe da longametraxe “Soño dunha noite de San Xoan”, traballo polo que obtivo no ano 2005 o premio Mestre Mateo na categoría de Montaxe, ademais do premio á Mellor Execución Técnica dunha Produción Cinematográfica na III Edición de Premios da Revista de Produción Profesional (Novembro de 2005).

Na actualidade traballa na montaxe de longametraxe “Espírito do Bosque”, á vez que o seu último traballo finalizado, “O bufón e a infanta”, opta ao Goya na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación.

Técnico Superior en Realización pola Escola de Imaxe e Son, Juan Galiñanes naceu en Cambados en 1980 e é, ademais, autor da obra dramática inédita Cemiterio de Teatro.

 

Juan Gali[1]..

Juan Galiñanes  obtivo o Mestre Mateo pola mellor montaxe no 2005(Foto: http://juangalinhanes.wordpress.com/ )
 

“O bufón e a infanta” é unha curtametraxe de animación que terminaron fai uns meses en Dygra films. Está inspirado no conto de Oscar Wilde “O aniversario da infanta” e desenvólvese nunha sala de museo dedicada a Velázquez. Sinopsis: O anano Francisco de Lezcano sae do seu cadro e irrompe na quietude do museo, chamando a atención da infanta Margarita. Esta abandona o cadro das meniñas para gozar dos xogos e a maxia do bufón, a pesar dos frustados intentos de Velázquez para que a nena manteña a compostura. O bufón confunde as cousas cando Margarita lle regala a flor do seu pelo e invítaa a que abandone as meniñas e compartan o cadro do anano. A infanta agora divírtese aínda máis que antes coa ousadía do bufón, e humíllao deixando claro que lugar ocupa cada un. O anano, aínda que esnaquizado, sacará forzas para mostrarlle á infanta un xeito diferente de ver a realidade. (Texto e fotos: http://juangalinhanes.wordpress.com/ )

 ¡¡¡ÁNIMO JUAN QUE O GOYA É NOSO!!!

 

UNHA GRANDE CHEA TV, quixo buscar un curto de Juan para amosarvos e  onoso equipo de redacción atopou o titulado "Incomunicados", que podedes ver a continuación:

 

 

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

—————————————————————————————————————————————————————-

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s