O GERMAN ISPESE

"CASA GERMAN ÍSPESE"

_PRS0p071

Moncho está feito todo un chaval. (Foto: www.cambadosenfotos.net )

_PRS0079-copia

A clientela asidua do Germán en pleno (Foto www.cambadosenfotos.net )

     Unha singular corrente percorre Cambados.A xente de Cambados está tan involucrada co calendario a favor de Esperanza Salnés que non pensa noutra cousa que espirse.Esta vez o motivo deste desnudo na entrañable e famosa taberna "Casa Germán" foron unhas cantas botellas do fantástico "Ouso da Torre" degustadas en boísima compaña, esta é unha homenaxe aos meus amigos da taberna.Na próxima saio eu, queda prometido.

Texto e fotos: EDUARDO APARIZ (www.cambadosenfotos.net )

Efecto-300-copia

Foto: www.cambadosenfotos.net

     E continuando xa coas difumadas do calendario  hoxe presentamos o Xuven, pese a todo, saiu unha boa fotto porque  Eduardo Apariz é todo un mestre.

—————————————————————————————————————————————————————

GALICIA BILINGÜE

     ¿Qué é Galicia Bilingüe? En unha asoación auspiciada polos casteláns parlantes e o mesmo tempo antigaleguistas que viven na Galiza  co claro propósito de afogar e suprimir a lengua galega, ainda que disfracen os seus obxectivos doutro xeito. A maioría dos seus compoñentes por non decir todos son falan español.  O seu foro que non aconsello entrar nel e totalmente en castelán  e o desprezo polo idioma galego  e dos seus símbolos, é tal que da noxo ler alguns comentarios,  e podense encontrar sacrilexios como este:

castrv2

Foto recollido do foro Galicia Bilingüe.

Esquecen totalmente que existe unha lingua oprimida dende hai séculos  e unha lingua opresora, e ademais que isto vese plasmado a cotío na actualidade. Aínda hoxe hai rapaces nas escolas, institutos ou universidades que ven violado o seu dereito a se expresar na súa lingua nai; profesorado sancionado por dar aulas en galego, e incluso funcionariado que recibe queixas por escrito por “no hablar normal”. Esta é a sua presidente só lle falta o cancodrilo:

unhagrandechea gloria lago

Foto: Minutodigital.

Cobren estas persoas co nome de politicamente correcto o seu desprezo polos signos identificativos do noso País. Porén detrás desa “Galicia Bilingüe” agáchase a defensa do uso único do castellano, demostrando unha vez máis que o que perseguen algúns e que o galego desapareza. Detrás de “Tan Gallego como el Gallego” preténdese agachar o desprezo polo País, a colonizacion, que se percibe por todos os cantos na páxina web; nos seus foros lánzanse eslogans como os que se inculcaban no franquismo, como aquelo de “con el gallego no se va a ningún lado”, “es un dialecto de labriegos”. Claro mirade os lugares donde se reunen eles:

unhagrandechea reunión

Como se atreven a definirse como galegos aqueles que, con premeditación e alevosía, intentan esmagar a cultura galega? Como teñen tremenda ousadía de desprezar a lingua de Rosalía e Castelao e definirse como “tan galegos”? Como se pode en nome da “cultura” tentar esnaquizar parte da nosa cultura? ¿Onde estaban todos estes galegos de pacotilla cando o noso idioma era pisoteado e aldraxada polos da súa corda?

unhagrandechea galicia bilingue

A panda o comleto (Foto recollida da súa páxina web)

A postura oficial da Mesa pola Normalización  a propósito de colectivos como que acaban de xurdir  agora en Cambados denominado Galicia Bilingüe, todo un sarcasmo,  é a seguinte:

“””Desde A Mesa somos partidarios de non entrarlle ao engado a determinados colectivos que, na práctica, non son representativos nin da comunidade educativa nin tampouco dun sentimento social maioritario. Estes grupos pretenden crear, alén de confrontación social, un problema que é completamente artificial, precisamente porque a situación no ensino é xustamente a contraria da que eles "denuncian".

 

Na Mesa estamos a traballar en conxunto coas entidades máis representativas da comunidade escolar en Galiza (sindicatos do profesorado, organizacións estudantís e de nais e pais) na perspectiva de conseguir que pase con este novo Decreto o que non aconteceu desgrazadamente co anterior: que se cumpra a legalidade vixente e que desde a administración se poñan medios e ferramentas suficientes para garantir ese cumprimento, que é o que demanda a inmensa maioría do mundo do ensino desde hai moitos anos.”””

—————————————————————————————————————————————————————-

 MANTO PROTECTOR ANTICHEIROS

100_5328

O Concello de Cambados, perante o novo brote de cheiros que estamos a sufrir estes dias no noso pobo, contratou unha empresa especializada para protexer o Concello cun especie de fino manto verde, para que así os concelleiros e demais funcionarios municipais poida traballar en paz sen sufrir esta terrible praga.

UNHAGRANDECHEA CAMBADOS OBRAS

Agora en serio é curiosa a imaxe que podemos ver estes día no noso pobo coa  renovación de catro construción significativas como son a casa dos Zárate en Fefiñans, o Pazo de Fefiñans a Igrexa de San Bieito e o propio Concello. Quizais non se volva a ver en moitos anos.

—————————————————————————————————————————————————————-

CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

NOTA INFORMATIVA

Tipo de actividade

EXPOSICIÓN DE GRAVADOS

“SANTIAGO PÉREZ ÁLVAREZ”

Data de inicio/finalización

Do 15 AO 31 de outubro

 

Do 1 ao 15 de outubro, o Centro Comarcal do Salnés acollerá a exposición “Bestiario” de Santiago Pérez Álvarez, unha serie de gravados que autor denomina “seres posibles nun mundo imposible”

 

NOTA INFORMATIVA

Tipo de actividade

Exposición de escultura de “FRAN LAREO”

Data de inicio/finalización

Do 15 ao 31 de outubro

 

Axuntamos información exposición.

Máis información:679.99.31.30

Fran Lareo nació en 1966 en Brión

(A Coruña).

FORMACIÓN
Termina sus estudios de básica y media en Santiago

de Compostela.
Escultor autodidacta, comienza a hacer esculturas en

 madera y otros materiales en 1998.

EXPOSICIONES INDIVIDUALES
2005. ‘Mundo pequeño’. Sala de exposiciones del Centro Comarcal DEZA (Expodeza). Parque empresarial Lalín 2000.
2006. ‘Ideas en pequeño’. Centro Sociocultural del Castiñeiriño. Santiago de Compostela.
2006. Exposición Itinerante. ‘Ideas en pequeño’ Centro Sociocultural La Trisca, Centro Socio Cultural Aurelio Aguirre, Centro Sociocultural Fontiñas, Centro Sociocultural José Saramago, Centro Sociocultural La Rocha.
2006. Centro Recreativo cultural “Los Tilos” Municipio de Teo.

2007. Casa Cultura Concello de Boiro.
2007. pequeña escultura.Homenaje al ex director de la Banda musica Santiago Compostela, Santos Bartolomé.

2007. Centro Comarcal Tabeirós Terra de Montes. A ESTRADA. PONTEVEDRA.

2007.  Participa no encontro Luso-Galaico de artistas plásticos, no Concello de Porto do Son.

2007.  Union protectora de artesanos. Santiago Compostela.

2007. 

 

EXPOSICIONES COLECTIVAS

Centro Social. Concello de Padrón. (2007).
Con AGAEC (Asociación Gallega de Arte y Cultura):

Biblioteca Hermanos Camba, Vilanova de Arousa. (2006)
Gran Hotel, Santiago de Compostela. (2006)
Parador Santo Estebo Ribas de Sil, Ourense. (2006)
Casa de la Cultura Bertamiráns, Ames. (2006)
Casa Cultura Sierra de Outes. (2006)
Auditorio, Caldas de Reis.
(2006)
Confederación empresarios poligono de él Tambre, Santiago de Compostela. (2006)
Colectiva en la Fundación Granell, Santiago de Compostela. (2006)
GRAN HOTEL, Santiago de Compostela. (2007).

Centro comarcal Exposalnes. Cambados.

——————————————————————————————————————————————————————–

UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: 

UN VIDEO SOBRE OS COMENZOS DE FERNANDO ALONSO

:

 

 

 

 

"UN HOME DE ÉXITO" DE CHOURIZO FILMS:

 

   

 

UN VIDEO DOS CAMBADESES THE RACKETS "LONELY DAY""

 

 

UN VIDEO DE PAPIGIL "OUTONO NO CEBREIRO"

 

 

O Outono viste as grandes montañas galegas de O Cebreiro con trazos pardos, avermellados e mornos verdes que se misturan entre os seus profundos vales e longas ladeiras.
O castiñeiro que amosa a fotografía nº 7 atópase no pobo de Barxamaior. É un castiñeiro con máis de 500 anos de idade que continúa ofrecendo vida na actualidade. Segundo unha das vellas lendas que corren polo Cebreiro é precisamente no tronco deste onde se achou o Santo Graal do Cebreiro, que xurde perante o Mundo no escudo da bandeira de Galicia.

 

————————————————————————————————————————————————————————————————————–       

             

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

1 Response to O GERMAN ISPESE

  1. Fico di:

    e lo o meu video dos cheiros… e totalmente real, ningunha montaxe. podedelo ver en youtube baixo o epigrafe "cambados cheira a merda"

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s