EN PLENA VENDIMIA…

EN PLENA VENDIMIA…
CAMBADOS VÓLCASE CON ESPERANZA SALNÉS

Foto das únicas rapazas que saen no calendario obviamente distorsionada sacada de www.cambadosenfotos.net

     """A iniciativa  promovida por Perto, Rubi e Alex ten un nivel de compromiso máis alá da normalidade para facer posible un proxecto de incalculable valor social, non só polo que significa senón polo que pretende.Unir a moitísimas persoas cunha soa finalidade: a recadación e axuda incondicional.
Síntome especialmente honrado e orgulloso de ser o elixido para levar a cabo o traballo fotográfico deste proxecto.
Trátatase dun  calendario no que poderemos ver un amplo abano de persoas de Cambados e de fóra del,  cunha franxa de idade amplísima, dende rapaces de dezaoito anos ata homes que xa rebasan os cicuenta e tantos.Estes amosaranse  núos no dito calendario nunha mostra da insondable solidaridade para con Esperanza del Salnés.
Todos eles teñen dúas cousas en común: a solidaridade e a súa escasa vestimenta.

Cambadosenfotos.net síntese moi honrado de porder participar neste proxecto.De aquí deica Novembro iremos colocando fotografías coa intención de fomentar o interese, sen outra finalidade que potenciar a iniciativa de Rubi,Perto e Álex e a axuda para Esperanza Salnés."""

Eduardo Apariz Diaz (www.cambadosenfotos.net)

———————————–

¡¡¡XA TEMOS LOTERIA DE NADAL!!! 

     Xa temos Loteria de Nadal, o mesmo número que fai dous anos , cando nos tocou unha gran pedrea, o  24/2/85 esta é a data que a nosa comparsa saiu por primeira vez a rúa. Coidamos que é un bo sinal e esperemos que nos toque. Mercáronse 3.000 euros deste número e repartiranse en partipacións de DEZ EUROS, si e o ano pasado vendomola toda e eran 9.000 euros , non vos quero decir nada este ano, así que  se coñocedes a algún directivo non tedes máis que pedirlla, vaise acabar en días. 

———————————–

 OS CHEIROS NON NOS DEIXAN  NIN EN TERRA NIN NO MAR. 

     E xa vai por enésima vez, outro novo verquido, que temos que padecer todos os cambadeses. ¿Quen multa os multadores? ¿Quen sanciona a empresa que fixo estes verquidos?¿Ou é que vai sair novamente indemne?. Estamos nun concellorcuasi tercermundista. Si temos visitantes pero vanse os cinco minutos a frase mais dita este verán é "Este pueblo es muy bonito pero huele que apesta". ¿Cando se lle porá solución os cheiros en Cambados?.

    

—————————————————————————————————–

HISTORIA DE CIENCIA FICCIÓN (OU NON) 

     O día tres de setembro pasado , unha embarcación chea de turistas destas que saen dende O Grove, achegaronse  a zona das bateas, o guia iba explicando cal era a función das mesmas, como se facia co mexilón , ostras e vieiras, un pouco máis adiante  virón unha cousa rara que saia e que se formaba no mar, entón preguntaronlle o guia que ia abordo: ¿Que é eso?, o guia dixolle que era o emisario,  cando lle estaba a intentar explicar o que era,  virón unha cousa rara que saia do mar:

     Todo o mundo quedou estupefacto, pero que era aquelo que saia do mar, parecia unha especie de submarino que emerxia, o patrón do embarcación turistica  xamais vira cousa igual e mira que leva anos na profesión, mandou poñer a todo o mundo salvavidas, e dou un "pala atrás", o barco ficou parado. Ninguén daba credito o que estaba vendo habia xente que pensaba  tamén que era  un golfiño que aparecia e desaparecia, pero non , enton pasou o seguinte: 

     ¡Dios mio que é eso!, xa non é unha pedra, xa non un submarino , empeza a coller forma humana, Neptuno non pode ser a menos que saira a dar unha volta sen corona e sen tridente, pode ser un monstrou marino que esta comendo preto do emisario, pero non , parece un home xigante, o xente dabordo comenzouse a asustar de verdade, ¿Que é ese enxendro?, definitvamente soubose o que era:

     Tranquilo todo o mundo, que é o  máximo mandatario de Cambados que "esporádicamente" e "puntualmente" saeu a dar unha volta por debaixo da agua para ver como se atopaba o emisario, decia o patrón do barco turístico, e seguiron tranquilamente coa viaxe.

      A todo esto todos cambadeses sabemos o que é un emisario  e que sae polo emisario.  

       Grazas a P.D. por facilitarnos as fotos.

———————————–

XI Xornadas Pegóxicas do Salnés.

  

     A Asociación de ensinantes do Salnés, Candea, presidida por Adela Leiro, organiza como cada ano as súas xornadas pegoxicas. As actividades deron comenzo o luns 24  e remataran o vindeiro venres cunha visita a Illa de Cortegada (parque das Illas atlánticas). Durante esta semana poderase visitar o IES Asorey unha exposición titulada “Os Tesouros das montañas galegas”.

www.cambados.tk

————————————————–

SE BUSCAN:

     oSalva Bin Laden e Oyrman Al Zawahiri, son con diferencia os máis buscados nestes datas polos exercitos bodegueiros  para arreglar as suas trincheiras. Cada vez que chega a vindimia practicamente perdemos de vista a estes dous "terroristas da electricidade", a ver si aparecen pronto porque queremos seguir facendo mais atentados contra a estupidez de certa xente.

———————————–

DEPORTES:

FUTBOL

CAMBADOS 0 – SAN MARTIN 2 

     Primeira derrota do Cambados na casa, nun partido para olvidar , no que o San Martin aproveitou as duas ocasións que tivo en troques o Cambados desaproveitou varias que tivo. Un partido para esquencer rapidamente a traballar durante toda a semán para recuperar estes puntos perdidos.

     O mister Carregal, en principio plantexou ben o partido, pero as cousas a veces non saen como un as plantexa, o mellor os xogadores fallaron no plano emocional, o árbitro tivo unha actuación nefasta tan só permitiu xogar unhas 40 minutos en total o resto permitiulle o San Martin perder o tempo que quixo,  pero bueno hai tempo para correxir e esperemos que o Mister así o faga. Borrón e conta nova, e así queda a clasificación:

ROMAI 2 – CAMBADOS B 1

     Partido xogado de poder a poder entre o Romai e Cambados nun terreno moi seco e polvoriento, empezou dominando o Romai ata que marcaron o 1-0 logo o Cambados veuse arriba e consigueu empater o encontro nun gran gol de Beni Vilas, a partir de ahi un señor, neste caso de vermello fixo a peor actuación árbitral que se pode ver nun campo de futbol, este elemento:

     Permiteu o xogo duro e subterraneo do Romai, sin pitar moitisimas faltas que lle facian o Cambados, e logo o comenzar a segunda parte expulsa inxustamente a Fariña por un agarrón a un contrario  no seu campo, denigrante, logo seguir permitindolle facer os xogadores  do Romai o que querian , perante tanta impotencia Beni Pomares foi expulsado por tirarlle o balón a un contrario, cando debia de quitarlle tamén cartón amarelo. Increible que un señor deste calibre poida estar arbitrando partidos de futbol, pero non nos temos que esquencer que estamos na terceira autonomica e podes atopar de todo, así queda na clasificación o Cambados B:

     E aqui vos deixamos unhas imaxenes do encontro:

   

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

BALONCESTO

XUVEN 84 – RECEMIL 71

     O Xuven segue con paso firme a súa andadura na categoria a vense de impoñer o Recemil de Ferrol, non sen traballo, xa que o partido decideuse a prol dos cambadeses no derradeiro cuarto. Bo comenzo do Xuven que esperemos que siga nesta liña, polo de agora está ahí arriba cos mellores , así está a súa clasificación:

———————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

1 Response to EN PLENA VENDIMIA…

  1. Icia di:

    CHON PASA UN POUCO DOS DEPROTES E PONME A MIN QUE SON MAIS JUAPA OU POLO MENOS PON AO ME EQUIPO DE BALONCESTO.
     
    TES QUE POÑER NA TRAXETA DO MEU PAI QUE ESTA ESCRITA POR ICIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
     
    E ADICAME A MIN UNHA FOTO NO DIA 22 QUE E MEU SANTO.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s