DE SUDAR VAI O CONTO…

DE SUDAR VAI O CONTO… 
O SABADO PASADO INAUGUROSE A NOVA SAUNA-AUDITORIO EN CAMBADOS

     Contan os que estiveron o sábado no recital de Maria do Ceo co gallo da Festa da Vieira, que nunca pasaron tanto calor no Auditorio, ata dende o escenerio a propia Maria do Ceo queixose da forte calor que estaba s sufrir. Auditorio novo e sen aire acondicionado ou un servicio de ventilación como Deus manda, e que cando se fan as cousas a presa, xa se sabe o que pasa.

     Esto señores, si que é sudar a !gota gorda!. Sarna con gusto non pica, pero mortifica.

———————————–

EXPOSICIÓN DE CLEOFE VIÑAS EN EXPOSALNÉS:

Do 15 ao 30 de setembro de  2007

Diplomada universitaria en Educación Xeral Básica, imparte clases dende anos como Monitora de Artes Plásticas. Ten realizado distintas exposicións tanto  a nivel de colectivo como individual, pertencendo á Asociación de Artistas de A Coruña dende o ano 1998 ata a actualidade.

MAIS INFORMACIÓN: 649.36.28.04

Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico:
ccsalnes@comarcasdegalicia.com

———————————–

EXPOSICIÓN DE JOSE VAAMONDE NA "RIBEIRA DE FEFIÑANS" 

     O pintor cambadés Jose Vaamonde expón dende o 17 de setembro ao 14 de outubro na vinoteca "Ribeira de Fefiñans" en pleno corazón da Triana Cambadesa. O conxunto da obra denominada "Silencios", é digna de ver, pasadevos pola "Ribeira" e podedes combinar un bo viño coa arte.

———————————–

 MARIA "A DE DOMI" É A QUE NOS ENVIA ESTE CHISTE E ADEMAIS É PROTAGONISTA:

O PENAL

     Maria a de Domi espértase ás 5 da madrugada dando berros e saltos na cama.

Domi, ante tanto ruído, tamén se esperta e vendo á súa muller tan alterada, nerviosa, acalorada e suorenta pregúntalle:

– María, que che ocorre?

– Domi, tiven un soño rarísimo, moi estraño.

– Cóntame di el.

– Estaba paseando por un prado verde precioso, lindas flores, bolboretas multicolores, paxariños voando?.Un paraíso.

– De súpeto empezou a chover, cada vez máis forte e non tiña onde gorecerme.

– De lonxe, ví unha árbore moi grande e corrín cara a el.

– Domi, a árbore era un "PENAL."

– María – interrompe Domi – ¡ Sería un PERAL !

– Non, non, un PENAL; tiña colgando das súas ramas, a uns dous metros de altura, máis de 500 PENES preciosos, 30 centímetros, rosados, divinos. E eu paseime catro horas saltando, tratando de alcanzar algún, sen conseguilo.

– María – di el con sorriso autosuficiente- es tontiña; estando o meu tan cerca, con alargar o brazo xa o tiveches.


-¡Non me fodas Domi! Como o teu había máis de 200 tirados polo chan…

P. D.: non é broma, a especie PENAL existe; como proba se achega foto.

 

———————————–

DEPORTES:

UN CAMBADES NA VOLTA CICLISTA A ESPAÑA

     O cambadés Modesto Sánchez, que noutra hora fora o noso ciclista campionisimo en tantan e tantas carreiras pola nosa terra, chegou a ser campión galego, forma parte do corpo técnico do Karpin Galicia e ahí o podedes ver na fila do medio de cuarto empezando pola esquerda, de seguro que cando volte xa nos contará na de Juan Silva como foi o conto. Modesto ademáis ten unha peculiaridade sabe de carretilla todolos rios de España cos seus respectivos afluentes, vamos ¡unha máquina!. Por certo xa que estamos a falar de ciclismo recoñocer aqui publicamente a labor dun home que leva toda a vida adicada a él como directivo e organizador e de seguro que se non fora por él non existiria o ciclismo en Cambados, non é outro que Ernesto Falcón.

———————————–

FÚTBOL  

Simón

     O Cambados "A", impuxose nun partido sen moita historia ó San Adrian por 0-1, un equipo díficil no seu campo, cun gol de Simón, magoa a súa expulsión, coidamos que inxusta, a ver se non lle cai ningún partido de sanción, e como se ve xa empezamos a escalar postos na clasificación e xa estamos de quintos:

     Pola súa banda o Cambados B, arrincou un máis que merecido empate perante o San Miguel de Deiro (2-2), ante un Campo Municipal do Pombal casí aborratado, facia tempo que non se via tante xente no Pombal

     En canto o partido en sí decir que mereceu gañar o Cambados, toda vez que o arbitraxe foi anticasera totalmente, favorecendo o San Miguel de maneira descarada, un penalti que non existiu que deu orixe o primeiro gol do San Miguel e un falta inxesitente que se sacou o árbitro de manga deu orixe o segundo gol do San Miguel, que insistimos se non fora polo árbitro saia derrotado do Pombal.

     O heroe do partido sen lugar a dúbidas foi Paio que xogou casi que todo partido coa cabeza vendada e un corte na mesma, o remate do encontro  foi o centro médico e tivo que levar seis puntos de sutura, peor parado resultou o xogador do San Miguel que chocou contra él xa que tivo que ser trasladado o Hospital Dominguez, donde nos informamos que foi atendido e voltou o seu enderezo. Asi vai a clasificación doi Cambados "B":

E grazas a Antia aqui tedes unha reportaxe video gráfica do encontro:

     E por ultimo darlle a noraboa e facerlle unha pequena homenaxe os Benxamins do Cambados, que quedaron campións do torneo celebrado en Ribadumia o impoñerse na final por 4-1, ¡¡¡Bravo Campións!!!

BALONCESTO  

     Decir tamén que os do "Xuven" dirixidos por Diego Doval, foron quen de vencer a domicilio perante o Drova Vigo por un tanteo total de 68-74, esto parece que tamén marcha vento en popa.

     E por suposto non fai falle decir que calqueira club de Cambados que queira sair nesta páxina non ten máis que mandarnos a súa foto a o noso correo  e tres ou catro frases do evento. Agradeceriamolo moito porque nos non damos abasto. 

———————————–

UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA A MONCHIÑO VIEITES E XOAN SILVA A DUO:

       

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

———————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s