Podedes ver o ecó que tivo xa na prensa o do almanaque pro Esperanza Salnés, i eso que están empezando. Non vos Quero decir nada cando se faga a súa presentación oficial que se calcula para principios de decembro entón si que vai ser gorda.
Así o amosou DIARIO DE AROUSA
Asì o transmiteu a Voz
Así volo fixo ver VIEIROS
Se o queredes ver en Vieiros a nova premer directamente neste enlace http://www.vieiros.com/nova/60813/colectivos-cambadeses-ispense-para-un-calendario-benefico
Doutra banda , a nosa Asociación pousou onte para o fotógrafo Eduardo Apariz para cubrir un novo mes do calendario a prol de Esperanza Salnés. Dicir que estivemos por espazo de dúas horas e esperamos e confiamos na habilidade do artista , polo menos para que non “destaque” demasiado as prezadas barrigas dalgúns dos nosos componentes, as fotos das cuadrillas van ser o segredo mellor gardado de todos os tempos. De todos formas non é a primeira vez que nos espimos en público, fai moitos anos en certo pazo de Cambados e no seu estanque démonos un baño “en pelota picada” en pleno Albariño eran outros tempos e non tiñamos tanto “postizo”, aí vai a mostra:
———————————–
MIGUEL PIÑEIRO , artista.
Miguel Piñeiro avogado vilagarcián admirador de UNHA GRANDE CHEA e asiduo das empanadillas do "Bar Germán" el e a súa familia, ten un fillo do seu mesmo nome que acaba de expoñer oito obras no Nautico de San Vicente presidido polo tamén letrado Avelino Ochoa, tal foi o éxito da exposición que foron xa vendidas as oito obras. A presentación da mesma correu a cargo do concellal do BNG Antón Máscato.
———————————–
OS MAGOS DA COCIÑA CAMBADESA
É obvio que a nova cociña cambadesa ten claro quen son os seus dous mellores representantes na actualidade, os magos dos fogons “Tonino” (Restaurante Pandemonium – Rua do Albariño-) e a “Yayo” (Restaurante Yayo – Rua Hospital-), pese a súa xuventude ambolos dous experimentados cociñeiros , que nos ensinan a comer sin fartarnos coma porcos, que nos ensinan novos sabores e sobre todo coidan con sumo detalle cada prato así como a elegancia dos seus locais. Ademáis ata son innovadores a hora de facer publicidade , aquí tedes para mostra un botón:
ESTA NOVA FOI PATROCINADA POR:
———————————–
A "MESA" DA AS GRAZAS
A Mesa pola Normalización Lingüística remiteulle esta carta a Angel Cambados Tirado, respecto a nova de que Salvat non quere incluir entre os 25 idiomas en que vai editar o seu novo album , o galego:
Angel Cambados Tirado
Prezado Ángel (e demais amigas/os de Unha Grande Chea):
O meu nome é Fran Rei e son o Responsábel Nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, a sección xuvenil da Mesa.
En primeiro lugar, envíovos como non un cordial saúdo e agradézovos, en nome de todas as mozas e mozos que traballamos no noso colectivo, que vos poñades en contacto connosco e que, por suposto, decidírades apoiar desde o voso espazo na rede a campaña que temos activada en favor dun Astérix en galego e difundila por Cambados. Deseguro que, aínda que de principio non consigamos moito, grazas a campañas como a vosa ou á que tamén está a levar adiante a Ciberirmandade da Fala aos de Salvat Bruño ficaralles máis claro que en Galiza hai quen estamos dispostas/os a defendermos o noso idioma.
En realidade, as primeiras accións que levamos adiante polo tema de Astérix son xa de 2005 (entre eles, a propia campaña de sinaturas, que se fixo sobre todo no ensino), que foi cando saíra o anterior título, Astérix e Os Viquingos, só en español e en catalán. De aquela foi moi curioso que a Salvat Bruño non lle importase paralizar a distribución dos cómics en catalán cando detectaron algúns erros na impresión e substituilos inmediatamente todos por outros corrixidos. Tamén o é (non sei se isto o saberíades) que o primeiro Astérix en galego, Astérix e a Fouce de Ouro, tivémolo en 1974, con Franco aínda vivo.
O seguinte paso que temos pensado dar é termos unha entrevista coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, que pensamos ten unha grande responsabilidade por canto da anterior vez xa se comprometera connosco a facer todo o posíbel para que as aventuras de Astérix puidesen ser comercializadas en galego no noso país.
Pola nosa parte, estamos moi interesadas/os en mantermos un contacto continuado con aqueles colectivos e asociacións de todo tipo -xuvenís moi especialmente -que poidan traballar nunha liña semellante á nosa ou cos que poidamos colaborar para cousas como esta. O noso correo, para calquera cousa que queirades, é mocidade@amesanl.org. Ao pé da mensaxe mesmo vos vai o meu teléfono por se tamén queredes pórvos en contacto comigo por esa vía.
Así que nada, para calquera cousa, xa sabedes onde estamos!
Recibide unha forte aperta
Francisco Xosé Rei García
Mocidade pola Normalización Lingüística
981563885
609861682
Correo-e.: mocidade@amesanl.org
————————————————–
"DEREITO A SABER…"
PROGRAMA:
———————————– "NACE" OUTRA NOVA CAMPIONA DE XEDREZ EN CAMBADOS
MARTA PALACIOS VENCEDORA BENXAMÍN EN VILANOVA
A cambadesa Marta Palacios alcanzou o primeiro posto en categoría benjamín feminino no I Torneo escolar de xadrez de Vilanova de Arousa, celebrado o pasado fin de semana.
Marta finalizou o certame con 4 vitorias e dúas derrotas, o que lle colocou en sétima posición da táboa xeral e primeira entre as nenas, por diante de xogadoras máis experimentadas, como a viguesa Lua Álvarez ou a vilagarciá Ana Grande.
Pola súa banda, o irmán de Marta, Miguel, tivo unha discreta actuación en categoría infantil, concluíndo en novena posición, con 3´5 puntos.
O torneo de Vilanova forma parte do II Circuíto Galego Escolar, no que Miguel Palacios se mantén en segunda posición da clasificación xeral provisional, con 16 puntos, mentres que Marta xogou tan só dous torneos, situándose na zona media, con 8 puntos.
O próximo torneo do Circuíto Galego celebrarase en Valla, o sábado 15 de setembro.
———————————–
A FESTA DA VIEIRA
A Confraría de Cambados organiza novamente a Festa da Vieira que alcanza xa a sexta edición, na cal como novedades máis importantes atopamos a instalación da carpa gastronomica no Pazo de Torrado e que os festivais terán lugar no Auditorio. Desexamos sorte a Benito González e ao seu equipo nesta nova etapa.
———————————–
"DESINFORMADORES"
Este é o punto de información turístico que podedes ver en pleno Paseo da Calzada de Cambados. Como apreciades atópase nun estado lamentable por non ter non teñen nin pantalla, e non que é leve así , un día , nin dous nin tres, leva varios meses e como outros que se instalaron no municipio, así é como emprega o noso alcalde as subvencións que lle dan, mágoa de diñeiro para outros mesteres.
———————————–
FUTBOL
CAMBADOS 2 – MARIN 1
A primeira victoria da era Richar, xa está no peto, o Cambados o domingo pasado impusose o Marin nun encontro en que a primeira parte foi dos marinenens e incluso a segunda ata o minuto 10 en que marcaron o gol. Este espoleo o Cambados quen nos cinco derradeiros minutos do encontro doulle a volta o partido perante o delirio dos afeccionados. Esto empeza a andar.
En canto a asistencia de público non estivo mal, pero podia estar moito millor , temonos que animar todos, dende todos estamentos para enchar un pouco máis a grada.
———————————–
UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: Un "mixto" de Treixadura "….Teño unha galiña branca…"
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
———————————–
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |