¡¡¡TOMADE NOVAS!!!

¡¡¡TOMADE NOVAS!!! 
A ROMARIA DE SANTA BAIA DE RIBADUMIA NA PRENSA:
 

———————————–

"DO PARANÁ SERIGRAFIA"

     DO PARANÁ, Espazo serigráfico invita á mostra de traballos realizados polos talleristas do curso de verán o día seis de setembro as 21 horas no Ulla Nº 25-Baixo-Pontevpedriña – Santiago.
Poderanse apreciar impresións sobre camisetas, pvc e probas de ensaio de edición de obra, en pequenos formatos e tiradas limitadas sobre papel.
É unha boa oportunidade para coñecer o proceso serigráfico, entusiasmarse con esta técnica tan ligada ao pop art e aprender creando.

Haberá música, brinde e un sorteo sorpresa entre os asistentes. A entrada é libre e gratuíta. 
Esperámosvos, non vo-lo perdades e pasádeo.

Grazas

———————————–

EXPOSICIÓN "ULTREIA" EN EXPOSALNÉS

     Durante esta primeira  quincena de setembro, o Centro Comarcal do  Salnés acolle a exposición titulada "Ultreia:El Camino de Santiago". Trátase dunha viaxe fotográfica por distintos puntos do camiño de Santiago realizadas por José Antonio Robés Cuadrado. Ultreia mostra as vivencias dos protagonistas do camiño, os peregrinos, que percorren as máxicas corredoiras galegas e portuguesas ao longo da súa viaxe ata chegar a Santiago.

Esta exposición fotográfica, financiada con fondos da Consellería de Cultura, percorrerá diversos puntos da xeografía galega exhibíndose nos centros comarcais.

————————————————–

UHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: OS DANZANTES DE COBAS.

   Os Danzantes de Cobas son un agrupación centenaria da parroquia que lle da o nome no concello de Meaño, cun vestiario único e normalmente formada por homes,ainda que en tempos atrás teñen bailado mulleres, a maioria deles son familia entre si, e son típicos no San Bieito de Cambados e na festa do Albariño, aqui os pededes ver na Festa do Albariño  do 2007 , facendo en baile presentación as autoridades  na festa.

 

          

 

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

———————————–

¿CANDO RETIRAMOS O SIMBOLO FASCISTA DE CAMBADOS?

 

     No Concello de O Grove, dende que o PP foi derrotado e o seu alcalde  anda liado co das listas do Pais Vasco, cambiaron moitas cosas sobre todo en politica social. Unha delas tomada con senso do humor polo xenial Gogue no gráfico de arriba, foi a inmediata retirada do simbolo fascista e tamén a retirada da foto de rei do salón de plenos. Nos , os de Cambados, parecenos que para eso imos ter que tardar outros catro anos, sobre todo para retirar a foto do rei.

     Os cambades, nembargantes temos na igresa arroquial comandada por Aldao, un símbolo fascista que non  hai "Dios" que o retire. Nin Lei da Memoria, nin Lei de retirada de símbolos fascistas , nin nada de nada. As autoridades civís tiñan que tomar a tichola polo mango e retirarlle subvencións a Iglesias Catolica en tanto en canto no retire os símbolos fascitas das súas fachadas, sobre todo as subvencións de Patrimonio.-

     A Xunta de Galiza, e sobre todo a Concelleria de Cultura (nas máns do BNG) debian de tomar cartas inmediatamente no asunto, e proceder a retirade deste e doutros símbolos fascistas das igrexas e outros edificios do noso pais, canto antes.Hai que retiralos dunha maneiro ou doutra.

———————————–

A "EPISTOLA" DE MONCHO ARGIBAY.

     Moncho Argibay non é un libreiro o uso, é unha especie de mecenas da Cultura , quen co traballo e co seu esforzo e afortunamente na compaña doutros libreiros de Cambados, están a facer das librerias uns lugares de acollida, de esparcemento , de actos culturais e de cultura viva , a veces ata parece que da a sensación que os libros van coller vida. A todo esto a Concellalia de Cultura do Concello de Cambados, sempre lle dou as costas, e polo que se ve seguirallas dando. Moncho acaba de escribir esta preciosa carta  a “ Voz”, un pequeno conto  que non é un conto, unha realidade que parece ficción, en suma unha historia que se repite cada ano e parece ser que ningún fai nada para remedialo. O conto non ten desperdicio. Coidamos que Ramón Cabanillas estaria moi orgulloso de que a “súa librería” tivera un dono tan especial. A epístola  publicada na Voz de Galiza, di asi: "

""""HABIA UNHA VEZ… Había unha vez unha vila fermosísima  que dormia deitada o sol á beira do mar. Era un mércores a primeiros do mes de Agosto. As rúas estaban cheas de postos de venta ambulante. No centro da vila había instalada unha carpa xigante, que era de xente que coñecia aos que mandaban; e vendían productos que tamén tiñan os hostaleiros da mesma. As rúas estaban cheas de papeis ciscados polo chan, e colectores  de plástico a carón das casas de pedra. Ao longo do paseo marítimo había un arrecendo fedento que daba noxo e que tamén sía polos sumidoiros. Como estaban todos os espazos ocupados  con postos ambulantes, non había donde aparcar os coches dos que viñan mercar aos comercios da vila, pero había unha grúa moi lixeira  que persegúia  aos que se atrevían  a aparcar onde non querían os policias que ían diante da grúa. O da grúa, tamén coñecido dos que mandaban, facía o seu agosto. igual que os carpa xigante e os dos ruidosos postos ambulantes. Malia todo, os cidadáns e as cidadás da vila eran felices e comían…"""""

————————————————————————————————————————————-

"SUBVENCIÓNS" 

     Como sa vichedes na prensa o Concello de Cambados , ainda que o noso alcalde diga o contrario, tamén recibe suculentas subvencións de vicepresidencia, e si o noso alcalde fora unha persoa  agradecida , non nos sorprenderia a seguinte imaxe:

     Pero coñecendo como coñecemos o noso Alcalde a imaxen máis probable seria esta:

     Canto máis nos gostaria a todos a primeira imaxen que a segunda ¿verdade?.

———————————–

UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA:

"Calqueira día no Bar Silva (2)".

     Como o propio titulo di, calqueira dia no Bar Silva atopamonos escenas coma a que sigue, nela podedes ver a Monchiño Vieites e Xoan interpretando un chistoso "Papagaio"

       

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

———————————–

  UXIO LOPEZ "O PINTOR INJLÉS"

 

     Trinta anos de traballo avalan a este artista “injlés”, Uxio López “…erase un home a un bigote pegado…”. Dominador absoluto do pintura abstracta, traballou todolas técnicas , ultimamente está a experimentar en chapas de aluminio , con procesos ambiguos de fiXación e con quencemento a temperaturas de casique 200 graos.

Ten previsto participar vindeiramente en “Iberarte 07” en Zaragoza.

Uxio aparte de ser un excelente pintor é admirador de UNHA GRANDE CHEA, e dende aquí desexamolle moita sorte nos seus futuros proxectos, que co traballa, seguro que ha tela. ¡En Vilagarcia tamén hai boa xente!.

 ———————————-

"ENERXÍA SOLAR" 

     Parecenos ben o estudo doutras enerxias alternativas, pero coidamos que ese problema está solucionado no Concello de Cambados, pois co calor que desprenden os gobernantes do PP, a enerxia que soltan, e sobre todo o "amor" o seu pobo o problema da enerxia solar está soluicionado, xa de agora endiante nos imaxinamos como vai traballar o noso goberno:

———————————–

"AS PINTADAS"

     Parece ser que os turistas de Madrid están preocupados por esta "simbólica" pintada "NOM QUEREMOS SER UNHA PRAIA DE MADRID AMI" , en troques non  os notamos tan preocupados en gravísimas pintadas na súa vila e corte coma estas:

  

     "ROJOS NO, ETA PAREDÓN", "MARICONES POR LA ESPALDA", "ZP TRAIDOR", "STOP EMIGRACIÓN", "COMUNISTAS NO", "MUERTE ESTADO" e tantas e tantas outras, estás si que non lle preocupan os madrileños.

———————————–

UNHA GRANDE CHEA TV, PRESENTA: treixadura en concerto "A Illa de San Simón"

   

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

———————————–

 

"CAI…XA"

 

     ¡Menos mal que non houbo ningunha desjrasia!, así diria calqueira paisaniño de Cambados, despois de que as letras de “Caixa Rural” viñeran abaixa. Cairon sobre da unha da madrugada dun día calqueira cando ninguen pasaba por ali. Pero por un momento maxinadesvos que cairan as oito da tarde do dia da inauguración da Festa do Albariño. ¿Cantas autoridades podería levar por diante o letreiro?. Coma unha especie de premonición so quedaron en pe as letras “Caixa” ou “Cai xa” e”Ur” a patria chica do bíblico Abrahan. Esto seria unha sinal de que Deus existe ou de que non invitaron a Aldao a inaugurar a Festa,  ou de  que a empresa que colocou  as letras eran uns verdadeiros chapuzas, nos máis ben inclinámonos por este derradeiro suposto.

———————————–

O AUTOGRAFO DA "MARLENE"

 

     A Montse, que capaz do que sexa, foi de viaxe  a Punta Umbria, e coincidencias do destino topouso no mesmo restaurante donde estaba a cear con Marlene, e nin curta nin perguiceira, achegouse preto  da artista e pideullo un autografo para "Chon" (o noso Secretario , a quen tamén se coñce por Kiko"), e foi o agasallo que trouxo a Chon da súa curta viaxe a provincia onubense.

———————————–

O CAMBADOS A "ESQUENCER O DE ATIOS.

     O Cambados ten que esquencer a mala sorte que tivemos en Atios, a tratar de impoñerse o Marin o vindeiro Dominguo e empezar xa a subir postos na clasificación. 

     

     O domingo o "harrai" de Unha Grande Chea "Domy" entrou no minuto 76 do encontro xa cando o Atios se puxera por diante e non tivo sorte cara o gol, esperemos que domingo xoge e si a teña.

     Pola súa ban o Cambados "B", fai o seu derradeiro encontro probatorio  fronte a Ponte Arnelas  o sabado a tarde no campo destes, despois do de "Crecente" no que perderon 4-2 pero fronte a un equipo que sendo de tercera rexional cobra coma un de primeira.

———————————–

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s