UN MARTES CHEO DE NOVAS

UN MARTES CHEO DE NOVAS…
CAMBIO DE HORA DO CONCERTO DE TREIXADURA
     Comunicannos directamente dende Treixadura, concretamente o mestre Xaquin Xesteira, que a hora de comenzo do seu concerto o vindeiro dia 17 de Agosto no Parque da Xunqueira de Vilagarcia de Arosa será as DOCE HORAS da noite e non as 11 como estaba anunciada nun principio.
 

FESTA DOS CARRASCAIS GALAICO – PORTUGUESAS  

     1º.- CAMPIONATO DE PESCA.- Das 9.30 horas ás 12 horas, no porto de Mar de “Pedras Negras”, haberá premios para o peixe máis grande, para o que capture maior número de peixes e para o maior peso total. Tamén haberá premios especias para as categorías infantil e femenina. Ás 13.00 reuniranse os xuices do concurso coa presenza de todos os participantes no Restuarante “Paraiso de Balea”, para a designación de vencedores.

     2º.- PARTIDO DE FUTBOL.- A disputar no estadio Amanecer ás 16.30 horas entre os equipos SELECCIÓN DE CARRASCAIS E AMIGOS e a PEÑA CELTISTA DE O GROVE.

     3º.- FESTA CONFRATERNIDADE.- Ás 21 horas no Restaurante “Paraiso de Balea”, Cea de Confraternidade coa entrega dos premios aos vencedores do concurso de Pesca e do Torneo de Futbol.

     4º.- FESTA MÚSICAL.- Coa actuación estelar de ALBERTO LOBO (Portugal) , GRUPO DE GAITAS E PERCUSIÓN UNHA GRANDE CHEA (Galiza) e MESTRE MANSO (Vilaxoan de Arousa).

     As 00.00 horas Gran Salva de fogos de artificio  e Gran Verbena amenizada polo conxunto músical  “AGARRATE MUCHACHO – UN POR RIBA OUTRO POR BAIXO”.

 

O CONCELLO PONLLE SOLUCIÓN RÁPIDA A UNHA DENUNCIA APARECIDA NA NOSA PÁXINA

     O outro día por medio dun veciño da Rúa Sevilla denunciabamos na nosa páxina o mal cheiro que habia na mentada rúa o desprender liquidos os contenedores ecxistentes na mesma, lembrandonos o veciño en cuestión que nes contenedores verquian todos os restaurantes da Rua Real. Pois ben temos que decir que o Concello puxo máns a obra e no día de hoxe o camión de bombeiros pegoulle “un mangueirazo” o lugar. Menos mal que por unha ocasión o Concello fixo caso de algo que sae na nosa páxina.

 

MOCIÓN DO PSOE

     O PSOE de Cambados remitinos un correo participando a presentación por parte do Grupo Socialista no noso Concello para a creación dunha “Oficina de Atención o Cidadán” cuios puntos máis importantes son:

  1. Creación dunha Oficina Municipal de Atención ó Cidadán.
  2. Adhesión do Concello de Cambados ó Convenio Marco asinado entre o Ministerio de Administracións Públicas e a Xunta de Galicia para crear unha rede de espacios comúns de atención ó cidadán no ámbito territorial de Galicia.

MIGUEL PALACIOS PRIMERO  SUB-14 EN CELANOVA 

Boa actuación do xogador cambadés Miguel Palacios no IX Memorial Carlos Alfredo de Xadrez, celebrado na localidade ourensá de Celanova os días 11 e 12 de agosto pasados.
O torneo contou con 50 participantes, disputándose 7 partidas, cun ritmo de 25 minutos por xogador.
Miguel, que saía no posto 19 do ranking, finalizou o torneo absoluto no décimo terceiro, con catro vitorias e tres derrotas. As tres derrotas fórono ante os xogadores que ao cabo serían segundo, cuarto e décimo do torneo.

Os catro puntos obtidos servíronlle a Miguel para obter o título de campión na categoría sub-14.
Fernando Sánchez, de Santiago, e os ourensáns Xavier Gómez e Martín Arellano foron os vencedores na categoría absoluta, sub-18 e sub-12, respectivamente.

Estes torneos sérvenlle ao cambadés para preparar os próximos compromisos do Circuíto Galego Escolar, no que Miguel é o líder provisional da categoría infantil. Os meses de setembro e outubro, con cinco torneos, serán claves na disputa do Circuíto. Pero antes a preparación completarase coa participación no Aberto Internacional de Mondariz a disputar entre o 25 de agosto e 2 de setembro.

 

 UNHA GRANDE CHEA TV: PRESENTA

     Pensachedes que remataramos de dar a "paliza co de Palas , pois non agora venos un gran video do noso amigo Eulo sobre o ben que o pasaron ali  que podedes ver a continuación:

 

 

Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.

 

EXPOSICIÓN “DOLORES F. ESPAÑA”

 

Do 16 ao 31 de agosto, o Centro Comarcal do Salnés acollerá a exposición desta pintora  que xa ten realizado exposicións por toda Galicia..

 O seu traballo pode resumirse cunha palabra “búsqueda” de novos materiais incorporados á obra mediante a técnica do collage e outras técnicas aditivas, así mesmo a búsqueda de novas formas  de ver a realidade ( a medio camiño entre o surrealismo e un desexo crónico  de perderse no mundo da fantasía), incluso na búsqueda interior dos sentimentos que poidan dar resposta ás eternas preguntas ou as que aínda discorrendo por camiños trillados poidan resultar novas ou ser novas para quen por primeira vez se enfrontan a elas. E por riba de todo o desexo permanente de ver e transformar respectando o medio ambiente e ós seres que o habitan.

MAIS INFORMACIÓN: Tfno.: 629.80.19.03

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en CAMBADOS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s