"ACEIRA DONADA POR TOURIS"
"PERMISO XA"
"SAN FRANCISCO EXISTE"
CAMBADOS 0 – AROUSA 2
Pese o resultado o Cambados 2007/2008 deixou unha moi boa impresión onte en Burgans ante un equipo duas categorias superior e que viña de golaer por 7-0 a todo un Rexional Preferente como é o Ribadumia. Imos polo bo camiño.
Un intre do encontro de onte.
UN "CAMBADÉS" EN LA FRONTERA
Onte actuou en Cambados "La Frontera" e entre os seus compoñentes atopabase Oscar un home moi vinculado a Cambados, a que ainda incluso reside na nosa vila en momentos puntuais. Tiveron unha moi boa actuación.
"Oscar en plena actuación"
O que si nos gustaria decirlle os nosos amigos de Diario de Arousa, é que a praza por estar non estaba chea(tal e como publican hoxe no seu diario) e maís se habia cincocentas persoas mirando o espectáculo xa habia moitas, pero bueno esta é unha cuestión menor.
MALOS CHEIROS NA RÚA SEVILLA
Un veciño da Rúa Sevilla de Cambados tamén nos manda un foto para publicar na nosa páxina co seguiente texto "Non quero polemizar co Concello pero dun tempo a esta parte veñense producindo malos cheiros na nosa rúa e non son debido precisamente os sumidoiros senón os contenedores ali existentes donde virten todos os resturantes da Rúa Real, a veces están tan cheos que desprenden liquidos cheirentos como o que podedes ver na fotografia e que se podian solucionar cun mangueirazo de vez en cando, sin máis grazas por atenderme".
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |