UNHA GRANDE CHEA INAUGURA O ALBARIÑO 2007

UNHA GRANDE CHEA INAUGURA O ALBARIÑO COAS DUAS MÁXIMAS AUTORIDADES DA FESTA: O CONSELLEIRO E  A RAIÑA. 

     UNHA GRANDE CHEA, co seu presidente á cabeza, inauguraron a LV Festa do Albariño o lado das duas máximas autoridades da Festa o Conselleiro de Medio Rural Sr. Suárez Canal, quen foi o foco máximo de atención dos medios de prensa, este ano non foi como ano pasado boicoteado polas autoridades municipais, senón que foi , como debe de ser,  quen dou o "pistoletazo de saida"  para esta impresionante festa.

     E como non a outra máxima autoridade da festa a "Raiña do Albariño 2007" Maria Romero Prado, filla da nosa Maria "A de Xepe" que como ela moi ben decia exercia de "Reina Madre". E claro o noso presidente non quiso perder a ocasión de posar o carón da raiña , das elexidas ata o de agora, a máis guapa e que máis relación garda con UNHA GRANDE CHEA.

     E pra rematar o primeiro dia de festa non podia ser mellor que da maneira que o fixemos , o carón dos rapaces de Castrelo, que son uns grandes animadores do Albariño sempre dispostos cos seus intrumentos para "dar caña", e noso presidente e máis Hadrián tamén se sumaron ó "improvisado conxunto músical".

     NOTA MOI IMPORTANTE: Onte quitamos moitas fotos, estamos a recopilalas e faremos  con todas elas (cando pase o Albariño) reportaxes fotográficas  que colgaremos nesta páxina. Asi que xa sabedes se queredes mendarnos algunhas podedelo facer o noso correo. E non se impacientar que nos tamén estamos de troula.

“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS

Visita os nosos videos en

http://www.youtube.com/unhagrandechea

Visita as nosas fotos en:

http://www.fotolog.com/unhagrandechea

Visita a nosa música en:

http://www.musicamp3.com/UNHAGRANDECHEA

Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita

http://www.cambadosenfotos.net

DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

1 Response to UNHA GRANDE CHEA INAUGURA O ALBARIÑO 2007

  1. Material di:

    Hai unha boa colección de fotos da noite do xoves da Festa do Albariño en http://www.sustansia.com
    Sáudos e a seguir así. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s