Cando nos dispoñiamos a gozar do Albariño 2006, esta páxina, blog, bitácora ou como lle queirades chamar contaba con 25.000 visitas, e así o plasmamos nunhas camisetas o ano pasado, porque nos parecían moitas. Neste Albariño 2007 sobre pasamos as 70.000 visitas, a verdade que para catro cousas que conta esta Asociación do que pasa en Cambados, parécenos unha barbaridade. Pero todo isto e grazas a vos que nos seguides casique a diario dende diversos puntos de Galiza, dende diversos puntos do estado español e incluso dende sudamerica (un saúdo especial a noso amigo Domingo que nos segue dende Caracas), temos que dar tamén grazas os medios de prensa sobre todo a La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa, que de vez en cando achéganse polo nosa páxina e fanse eco das nosas novas. Se no lo permitides imos a seguir contándovos cousas que pasan neste fermoso pobo de Cambados e deste humilde Asociación. Neste tempo creamos o noso propio fotolog onde podedes ver fotos nosas do Albariño e do Entroido, creamos unha páxina de vídeos en you tube e unha páxina de música , as cales podedes visitar cando queirades, temos enlaces directos en cada nova que poñemos. Podes incluso baixar o único CD que temos editado coas nosas cancións do E-Mule poñendo no servidor global “Unha Grande Chea”.. En fin queridos amigos no meu nome e no da Asociación que represento quérevos desexar un Feliz Albariño 2007, e os que están fora non vos preocupar que nos volo contaremos en fotos. Unha aperta a tod@s.
SALVADOR CORES "FICO" PRESIDENTE DE UNHA GRANDE CHEA
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” e de CAMBADOS | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
Se queres coñecer Cambados dende o teu ordenador visita | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |