DOMINGO 1 DE XULLO ASEMBLEA DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS AS 11, 15 HORAS EN EXPOSALNÉS
O domingo pode ser para o Cambados unha data histórica, toda vez que da man de Richar o Cambados pode botar a andar e sair do tunel, eso si apoiado por un equipo de xente impresionante, xóvenes, entrados en anos, industriais, traballadores, futbolistas, pais etc en fin unha directiva numerosa e do máis diversa, todos baixo un nexo común Richar e todos baixo unha finalidade que o Cambados sexa un gran equipo cunha gran base. Haberá que traballar moito e ben, pero dende logo confiamos nas persoas que van levar a cabo esta aventura, outra cousa non terán pero ilusión e gañas de traballo sobranlle. Esperemos que desta vez o Concello apoie esta directiva de consenso tanto moral como económicamente e que o pobo dunha maneira ou doutra apoie tamén o noso club. Por certo aproveitando a ocasión suxerimos que sexa traducido o galego o nome do Club e se pase a denominar CLUB XUVENTUDE CAMBADOS. Sorte a todos e dende esta páxina se podemos axudar en algo, xa sabedes non en vano Richar é un dos membros máis destacados de UNHA GRANDE CHEA.
NOVA PATROCINADA POR:
VISITANOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE MEAÑO
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |