¡ OLA AMIGOS ¡
Dende fai algún tempo, estamos a recibir mensaxes con chistes e imaxenes, as cales nos nos remitimos a algúns de vos pensando que compartiamos o mesmo senso de humor, o mesmos gustos e, incluso, as mesmas afeccións. Desafortunadamente, esto molestou a algúns e recibimos críticas por ser sexistas e vanos. Asi que, de agora en diante só enviaremos fotos de monumentos antergos, símbolos culturais e que aqueles da naturaza que sexan educacionais para todos.
De seguido podedes unha fermosa fotografia da praza de Fefiñans.
O XUIZO POLA LUBINA
O outro día houbo un Xuizo de Faltas no Xulgado de Cambados, duas señoras “bien” do noso pobo das cales non imos decir os seus nomes por non ferir susceptibilidades coincidieron na plaza para mercar, e o mesmo tempo botaronlle as dúas as más a unha preciosa “lubina”. A peixeira Sra. Maria a Troca foi testemuña presencial do lio e dos insultos que houbo polo preciado peixe.
Cadan súa levou o seu avogado, os dous de Cambados, e a veces os avogados preguntan cousas que non deben preguntar. E así o avogado da acusación preguntalle a Sra. Maria ¿Vde coñeceme? e a peixeira contestalle: “E lojo como non te vou conoser, conosete desde que eras un neno e a verdá é que me desilusionaches. Mintes, enjañas a túa muller, xojas cas personas, falas mal delas as súas espaldas. Creeste unha jran persona cando non tes inteligensia sufisiente nin para ser un barrendeiro. Claro que si que te conosco”
O avogado ficou sorprendido sen saber que facer. Despois de pensar un pouco sinala o outro extremo da saá e preguntalle a Sra. Maria se coñece o avogado da defensa e a peixeira toda resabida contestalle: “E non o vou conoser, tamén o conosco dende que era un neno. Eche moi froxiño, ten problemas coa bebida, non poder ter unha relasión normal con ninjén e como avojado non sirve. Ah! E ademáis enjaña a súa muller con tres diferentes, unha das cales é a tua propia muller. Non vou conoser eu a ese pillabán”. Os dous avogados quedaron de pedra.
Entón o xuiz teméndose o peor chamou os dous avogados o seu carón en con voz moi baixiña dixolles: “Se algún de vos se lle ocurre preguntarlle a vella si me coñece, xurobos que vos pudrides no cárcere”.
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |