"Espectacular participación de Raquel e Cristina"
O fin de semana pasado (23 24 de xuño), celebrouse en Cangas o XV campionato galego alevín de tenis de mesa. A participación das representantes do Cambados T.M., só puideron acudir Cristina Barreiro e Raquel Martínez Pillado, pode cualificarse de espectacular. O sábado, na proba de equipos, proclamáronse campioas, logo de batir aos demais equipos participantes, tan só cederon un punto dos dezaseis que disputaron.
O mellor chegou o domingo, nas probas de individuais, dobres e dobres mixtos. En dobres mixtos, Raquel Martínez e Marcos Sanmartín, proclamáronse campións e Cristina Barreiro e Fran, finalizaron en terceira posición; en dobres, Raquel e Cristina, repetiron campionato, vencendo na final a Rahel e Melanie, de Vincios, por 3-0. En individuais, dobrete cambadés, Raquel venceu por un apertado 3-2, á súa compañeira de equipo, Cristina, proclamándose campiona galega e Cristina, loxicamente, subcampiona.
Os nenos do Cambados T.M. ( Martín Regueiro e Iván Lois) non puideron acudir a estes campionatos, por motivos familiares.
E por se fora pouco a nosa supercampionisima marchesenos a disputar o Campionato de España benxamin a Almuñecar (Granada) dende o 30 de Xuño a o 3 de xullo. Sorte e ¡A por elas!
“OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA | |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com . |