O vindeiro martes 26 de xuño, terá lugar unha charla-coloquio “Menores e Novas Tecnoloxías: un reto para pais e nais” onde, de xeito ameno e promovendo a participación de todos os e as participantes, se abordaran cuestións relacionadas co uso das novas tecnoloxías; tales como, menores e uso de internet, móbil e videoxogos.
Coa devandita charla-coloquio buscase informar a pais e nais deste feito, ao tempo que recomendarlle a adopción de determinadas pautas para que as súas fillas e fillos naveguen pola rede dun xeito máis seguro, así como facilitarlle unha listaxe de páxinas de interese con información útil ao respecto.
MENORES E NOVAS TECNOLOXÍAS: UN RETO PARA NAIS E PAIS, está organizada pola Rede de Dinamización da Sociedade da Información (D. X. De Promoción Industrial e Sociedade Da Información -Consellería de Innovación e Industria- e a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza) e conta coa colaboración das ANPAS de Cambados.
Esta charla-coloquio celebrarase o martes, 26 de xuño as 20:00 horas no CEIP San Tomé de Cambados e está dirixida a todas as nais e pais de rapaces e rapazas en idade escolar.
Para máis información sobre a Rede de Dinamización da Sociedade da Información pódese acudir ao seu portal web http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA |
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .