Continuando coa historia do Camiño de Santiago 2007, diremos que despois de durmir a intemperie en Cacabelos, planeramos o dia anterior chegar a un pobo máis ou menos preto do mítico Cebreiro e propuxemonos pernoctar en Vega de Valcarce a 12 quilometros do devandito porto, percorremos 24.4 kms baixo un sofocante sol. Pese a que ainda estamos en León a paixaxe xa casique é galega e xa notamos nos pobos tamén que xente a fala en galego. Os empresarios como vedes estivemos bastante ocupados o longo da maña colgados do telefono.
O día seguinte xa mentalizados dispoñemonos a subir o Cebreiro, cada ún o seu ritmo, xa que prácticamente dende Vega empezase a subir o mítico monte. Chon que parece que ten o “formiguillo no cú” cando veñen costas foise diante , emocionante foi divisar o punto que divide o noso pais de León, pero ainda habia que seguir subindo, ata que chegamos o lugar, donde sa divisamos as míticas pallozas, Chon xa se encargara de controlor donde quedaba o Méson Antón donde é tipico que os pelegriños degusten unha tapa de pulpo e un vo viño do Riveiro, como así fixemos, continuamos camiño e atopaponos co Alto do Poio, curto pero moi duro as costas eran moi empinadas, sudamos a gota gorda, chegamos a Fonfria donde nos esperaba un excelente albergue unha cea típica e na mesma brindamos Chon e mís eu cunha familia canadiense do Québec pola independencia do lugar.
A etapa do dia anterior ainda que non fora moi longa , si foi moi dura equeriamos facer unha etapa más tranquiliña, e enton neste etapa, o camiño bifurcase e tiñamos que escoller si ir por Samos ou non, evidemente por razóns que xa comentamos nesta páxina non dubidamos o mais mínimo e fumos a Samos onde a visita foi mo prolífica en todo los sensos, foi moi gratificante atoparnos con recordos de dous cambadeses ilustres Ramón Cabanillas e Asorey, xa antes deste artigo dou para duas reportaxes.
Se queres ver máis fotos desta etapa non tes más que premer na seguinte reportaxe elaborada por UNHA GRANDE CHEA TV:
Para un mellor son apaga a "Canción en audicción" o remate desta páxina.
OUTRAS SECCIÓNS DE “UNHA GRANDE CHEA” | |
Visita os nosos videos en | |
Visita as nosas fotos en: | |
Visita a nosa música en: | |
DEIXA A TÚA OPINIÓN NO NOSO LIBRO DE VISITAS O REMATE DA PÁXINA |