DAVID GAÑOU A GOLIAT
(ASIX INFORMATICA GAÑA O PREITO A BANCO DE GALICIA)
"Lucas volta a sourir"
Ala por xuño de 2006, Lucas Vieites , representante legal de ASIX INFORMÁTICA, despois de non chegar a un acordo amistoso co Banco de Galicia por uns cargos que creia indebidos na súa conta por unhas ventas de artigos por Internet, presentaba demanda contra o mesmo en reclamación de 4.984 € dado que en data 06/04/06 o banco demandado procedia a retirar da conta corriente da que Asix era titular,sen autorización desta a devandita cantidade. No Xulgado de 1ª Instancia Nº 1 de Cambados desestimaron a demanda de Asix, pero o seu avogado e o seu procurador os cambadeses Carlos Alonso e Miguel Palacios , recurriron a sentenza, e a Sección 3º da Audiencia Provincial de Pontevedra por resolución de data 25/04/07, estimaba a demanda presentada por Asix Informática e condenaba o Banco de Galicia o abono de 4.984,60 euros máis os intereses legais dende a data da interposición da demanda. Para o donante do noso dominio www.unhagrandechea.org.es , Lucas Vieites, aparte de ser un gran alivio personal para él e tamén unha satisfacción toda vez que esta sentenza senta un precedente moi importante para outras reclamacións , comenza a ver a luz o final do tunel de toda esta historia na que se veu envolto. Algremonos sobremaneira por Lucas e esperamos que no futuro as cousas lle vaian moito millor.
Visita os nosos videos en : http://www.youtube.com/unhagrandechea e visita as nosas fotos en http://www.fotolog.com/unhagrandechea . Moitas Grazas.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .