ABRE OS OLLOS O SALNÉS

INICIATIVA: “Abre os ollos ao Salnés”.

1.  FUNDAMENTACIÓN

A Internet ofrece un sinfín de posibilidades a hora de dar a coñecer un territorio, como é a comarca do Salnés. Si ben é certo, que xa existe información sobre o Salnés na rede, tanto de entidades públicas como colectivos e/ou particulares non é menos certo que unha iniciativa deste tipo ten o seu espazo, complementa e amplía o que xa existe.

Deste xeito, xurde a idea de crear un fotolog “Abre os ollos ao Salnés” http://www.blogoteca.com/olladaosalnes/index.php onde todas as persoas e colectivos que o desexen, poidan enviar as súas fotografías. Estas deben ser representativas da comarca, de xeito que quen visite o  sitio web poida, a golpe de click, ter unha radiografía do Salnés.

2.  OBXECTIVOS.

    Contar cun espazo de colaboración e de participación da cidadanía.

    Ofrecer en imaxes unha visión global da comarca.

3.ESTRUTURA

O espazo web dividirase nas seguintes categorías:

w   Xentes: nela terán cabida fotos varias, tanto de persoas individuais como de colectivos.

w   Sectores produtivos: traballos, profesións, apeiros, ferramentas,….

w   Cultura: arte, festas, tradicións, manifestacións artísticas, lugares emblemáticos,…

w   Historia: pasado do Salnés: imaxes que amosen como era a comarca no pasado. Pezas históricas, apeiros de labranza, pesca tradicionais, persoas de renome, …

w   Natureza: espazos naturais, flora e fauna, paisaxes característicos,…

w   Denuncia: aqueles aspectos que se son denunciables, por exemplo, barreiras arquitectónicas, deterioro medio ambiental, feismo urbanístico,…

4. MODO DE PARTICIPACIÓN

Todas as persoas e/ou colectivos que o desexen poden enviar as súas fotografías durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro a seguinte dirección de correo electrónico:

 alberto.cambados@dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Requisitos das fotografías:

As fotografías deben ter un formato en JPG cun tamaño máximo de 150 Kb así como tamén, ir acompañadas de título ou frase descritiva de que representa, ano e lugar de realización da mesma.

As persoas participantes entrarán no sorteo de diferentes agasallos da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. O sorteo farase mensualmente.
Centro Comarcal do Salnés
Paseo da Calzada s/n
36630 Cambados (Pontevedra)
Tl.: 986 52 60 13 – Fax: 986 52 40 12
Correo electrónico:
ccsalnes@comarcasdegalicia.com

 

Visita os nosos videos en : http://www.youtube.com/unhagrandechea e visita as nosas fotos en http://www.fotolog.com/unhagrandechea . Moitas Grazas.

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

 

 

 

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s