EXPOSICIÓN MULTIPLE EN EXPOSALNES

EXPOSICIÓN MULTIPLE EN EXPOSALNES
"REFACHOS"

O vindeiro venres, día 1 de xuño, ás 20H30, a Asociación galega de arte e cultura AGAEC, inaugura, no Centro Comarcal do Salnés, Cambados, unha exposición colectiva de pintura, escultura, cerámica e tapiz, na que participan  17 artistas plásticos vinculados á dita entidade: Rosa F. Salanova, Teresa Añón, Jesús Pereira, David Crooks, Fran Lareo, Estrela Rúa, Pepe Potel, Javier Reiriz, Aurora. G. Pombo, Carmen Sevillano, Javier Torrón, Esther Molinero, Isabel G. Iglesias, Cuca P. Fariña, Paco Ramos, J.M. Pichel e Pepa Mariño.
AGAEC é unha entidade sen fins de lucro e de ámbito autonómico que aglutina a máis de 45 artistas plásticos galegos de diferentes idades, tendencias e facetas artísticas, incluido grafiti, que desenvolve a súa actividade tanto dentro como fóra de Galicia a través de programas de intercambio artístico cultural, coa finalidade de contribuir a espallar a arte e a cultura galega, mesmo de posibilitar o intercambio de ideas, experiencias e coñecementos neste eido, como factor de enriquecemento persoal e comunitario.
Máis de corenta obras compoñen esta nova mostra,  títulada "Retallos"  que reponde a plantexamentos totalmente libres tanto formais como conceptuais, cun variado e rico conxunto de propostas sumamente atractivas dende o punto de vista estético.
A exposición que se inaugura o día 1 é  unha boa ocasión para contemplar os últimos traballos deste nutrido grupo de artistas, que, en horario de 10 a 14,30 e de 17 a 20H os días laborables e, de 11 a 14 e de 17 a 20 H, os sábado e domingos, permanecerá aberta ata o vindeiro día 15. 
 

ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .

About unhagrandechea1

Somos a Asociación Cultural e DeportivaUNHA GRANDE CHEA de Cambados, vivimos para o Antroido e o Albariño. Tamén organizamos outros actos na vila. Se nos queres ver o careto estamos aquí nesta ligazón: http://picasaweb.google.es/unhagrandechea/XUNTADIRECTIVA?feat=directlink E se nos queres coñecer máis a fondo visita a nosa páxina web : www.unhagrandechea.org.es O que che está escribir é Chon , o presidente de Unha Grande Chea.
Esta entrada foi publicada en NOVAS UNHA GRANDE CHEA. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s