Hoxe (22/05/07) pasou unha anécdota neste noso concello que é digna de ménción, totalmente certa. Viñeron os de Diario dse Arousa, un redactor e unha fotografa, para facerlle unha reportaxe a Domingo Tabuyo. A fotografa, toda unha profesional, dixo que queria facerlle unha foto nun sillón do Concello, un destes rimbombantes que teñen. Ala foron a fotografa o redactor e Domingo, chegaron a Concello , foronlle pedir permiso a Touris, o cal nunha actitud moi seria un tanto nervioso, dixolle "De usar o sillón nada de nada, que vaia a outro sitio a quitar a foto", o redactor intentou mediar pero Toruis negabase en redondo. Ali forón a outro centro oficial para ver si habia unha sillón do estilo , pero nada tamén se encontraron ca negativa, a final tiveron que ir a quitar a foto a un sillón do parador. ¿Pero o Concello non é a casa de todolos cambadeses? ¿Que daño lle podia facer Domingo Tabuyo quitando unha foto no sillón?, a anécdota a pesar de ser simpática non deixa de ser un termómetro do estado de nerviosismo que está a vivir algunha xente durante este periodo electoral. Nos que de negativas do alcalde sabemos un cacho largo, imos , ainda que se sexa grazas o fotoshop a sentar a Domingo TAbuyo nese sillón.
ATENCIÓN: por problemas co outro blog, si queres ver entradas anteriores o 19/05/07, preme en: http://unhagrandechea.spaces.live.com .